Foz, 11 de febreiro de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, reuniuse este venres a petición do Concello na Subdelegación do Goberno, en Lugo, coa subdelegada, Isabel Rodríguez; o xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río; a xefa de unidade Beatriz González del Riego e outros técnicos. O rexedor agradece a boa disposición da subdelegada, que “sempre nos recibe e escoita as demandas do noso Concello”, e dos técnicos de Carreteras, “para mellorar un proxecto que será un fito moi importante para a comunicación de Foz e de toda a comarca. É unha absoluta necesidade dispoñer dunha vía de alta capacidade que vertebre a Mariña e a costa con Ferrol, que una todo o norte de Galicia. Hai tramos cunha tramitación máis avanzada, coma este, e outros máis atrasados, como a variante de Viveiro, que corresponde á Xunta de Galicia. Xunta e Estado deben investir o que corresponde para saldar unha débeda histórica coa comarca”.
Na reunión tratouse polo miúdo o proxecto, que discorre case de forma íntegra polo termo municipal de Foz, nas parroquias de Cangas, Nois, Fazouro e en menor medida en Forxán.
Fran Cajoto especificou que “un dos puntos principais a tratar foi a mellora da permeabilidade dos enlaces de Foz -situado en Forxán, preto da actual rotonda de Pardiñas- e de Cangas, sobre a LU-162 Ferreira-Cangas. O Concello trasladou a necesidade de construír sendas seguras para peóns e ciclistas para que os enlaces de Foz e Cangas non constitúan unha barreira para os veciños e veciñas da zona. Tamén se trataron outras cuestións, como a reposición de distintos camiños que se verán afectados polas obras e a necesidade dun bo trazado no desvío da estrada provincial LU-P-2004, que une Nois con Cordido e que constitúe o vial de comunicación principal para moitos veciños”.
O alcalde de Foz agradece “a boa disposición para atender estas e outras peticións, que tratan de mellorar o proxecto naqueles puntos que poidan resultar máis prexudiciais para o veciños. É un proxecto fundamental, estratéxico, para o noso concello. Cando a autovía sexa unha realidade vamos liberar de tráfico as travesías de Fazouro, Nois e Cangas, moi poboadas e que constitúen un grave risco de seguridade, con puntas de circulación de 15.000 vehículos ao día. Ao respecto, tratouse na reunión tamén as demandadas rotondas de Cangas, no cruce de Gralleira-Ribela e no cruce da estrada da Costa coa estrada a Ferreira. Son unha necesidade e o compromiso é axilizar os trámites no Ministerio. Estamos detrás da súa construción, polo perigo que supoñen actualmente eses dous cruces”.
Augas de Galicia
O Concello de Foz reunirase tamén na vindeira semana coa directora de Augas de Galicia e técnicos do organismo, para tratar o avance na tramitación da depuradora, a legalización da captación de Cordido e o aumento de caudal na captación do río Ouro. Neste sentido, o alcalde pide “respecto ao Concello e aos seus técnicos, que están tratando a captación do río Ouro co organismo competente, Augas de Galicia, que pertence á Xunta de Galicia. Ante calquera anteproxecto ou proxecto sempre traballamos de forma seria, co organismo competente, que neste caso é Augas de Galicia. O voceiro local do Partido Popular está buscando titulares, nós imos seguir co traballo real. O anteproxecto da central hidroeléctrica reversible Xistral está nunha fase de consultas previas a un borrador de anteproxecto -aínda non está publicado o anteproxecto definitivo, que sairá a alegacións-. O Concello vai preparar alegacións cando corresponda: estaremos vixiantes e na reunión do vindeiro xoves imos solicitarlle aos técnicos de Augas de Galicia que prioricen a ampliación de caudal para abastecemento humano a calquera outra petición de extracción de auga do río Ouro. Espero que o señor voceiro do PP faga o mesmo cos responsables que pertencen á súa mesma formación política e se deixe de trucos, enredos e malabares. O desexable, aínda que non esperable, sería que axudara algo á comarca e, por asociación, tamén a Foz, e que presionara á Xunta para que Altri veña para A Mariña”.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.


