Ribadeo, 2 de febreiro de 2022. O Concello de Ribadeo leva a cabo obras de mellora de alumeado na Avenida de América. Os traballos continuarán pola rúa Segundo Moreno Barcia e pola parroquia de Piñeira. Estanse a cambiar as lámpadas existentes por outras de tecnoloxía led que permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir custes.
A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos acometendo obras de mellora no alumeado da vila e das parroquias. Nestes días estivemos cambiando as luminarias da Avenida de América por unhas de mellor eficiencia enerxética, unhas luminarias led que poden reducir a factura da luz ata un 50% e que van descender tamén a contaminación lumínica nesta zona”.
A edil sinalou que “a previsión que temos é continuar con estes traballos de cambio de luminarias cara a zona do cuartel e pasar máis para alá cara a rúa Segundo Moreno Barcia. Nas vindeiras semanas comezaremos estes traballos de mellora de eficiencia enerxética na parroquia de Piñeira”.
Mónica Freire dixo que “estes traballos veñen ser continuidade dos que comezamos fai uns meses na parroquia de Vilaselán, que xa contan hoxe en día con lámpadas de tecnoloxía led que substituíron as tradicionais de descarga que existían nesta zona, e que veñen completar estas actuacións que estamos a facer desde o Concello de Ribadeo para buscar unha maior eficiencia neste servizo. Acometemos estes traballos igualmente en Couxela e seguiremos no resto de núcleos de poboación”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



