O Valadouro, 25 de marzo de 2022. Na tarde d venres, 19 de marzo, o edís nacionalistas do concello do Valadouro, Eduardo Chao (área de cultura) e Eliseo Teijeiro (área de deportes) presentaron ao público o ambicioso programa do Mercado de Primavera de 2022.
Despois de dous anos de parón por mor da pandemia COVID-19, o concello do Valadouro a través da concellería de cultura volve a organizar o tradicional Mercado de Primavera que nesta ocasión contará con máis de 60 postos entre os que se contará con numerosas demostracións de oficios tradicionais, pero tamén se contará con varios postos de alimentación e artesanía.
O acto principal da xornada consiste na recuperación dun mercado tradicional como os que deron a orixe a principios do século pasado á vila de Ferreira, pero tamén se contará con varios actos e complementos para dar variedade á xornada.
Deste xeito, as vésperas do Mercado de Primavera estarán marcadas pola inauguración de artistas locales que estará na sala de exposición do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro ata finais de Abril. Acto seguido, a asociación cultural musical Dambara porá a nota musical polas rúas de Ferreira para abrir o ambiente festivo.
Xa pola noitiña e preto das 21:00h., a asociación cultural local Amado Lar presentará ó pregoeiro, deste ano, que recae nas mans de Prudencio Vivero Mogo (escritor e historiador local) para dar paso a unhas pezas musicais e alguna delas bailadas con zocas.
Xa o día do Mercado, numerosos postos serán os encargados de animar a rúa desde ben cediño e ata ben entrada a tardiña. Podemos atopar postos con produtos da horta, alimentación, artesanía e ata “pulpeiro”.
A animación musical inicial correrá a cargo da Asociación Cultural Amado Lar cun pasacalle desde o local social e ata a Praza de Santa María, onde nos deleitarán cunha pequena mostra do traballo realizado por este colectivo cultural.
De seguido, a Asociación Cultural Musical Dambara marcará as notas musicais polas rúas e locais comerciais da vila de Ferreira ata a sesión vermú que correrá a cargo do grupo Alcaldes da Pachanga no escenario da Praza.
A animación infantil virá da man da contacontos Alba Grande que nos traerá o espectáculo “contos arredor do lume”, pero tamén poderán dar paseo en cabalo, disfrutar dos xogos populares e tradicionais de Paporrubio e Xotramu ou mesmo da ludoenxenbre.
Ó serán, os postos do mercado tócalles recollerse para dar paso á animación de rúa con Festicultores Troupe e a charanga NBA para tamén poder disfrutar en todos os locales das tradicionais tapas de mercado que xa é todo un clásico nesta cita festiva.
Para por o broche de ouro á noite, na praza, contaremos co concerto dun grupo clásico folk como é Brath, un grupo de recente creación Tribu folk e un grupo un veciño do val que últimamente está colleitando grandes éxitos como é Grande Amore.
A maiores o mercado terá una serie de concursos, como son a decoración de escaparates e locales comerciais, desfile de zocas decoradas, desfile de zocos e desfile de vestimenta tradicional.
Outra das actividades, será a exposición de tractores clásicos e un concurso de habilidades de conducir tractor.
Desde a concellería de cultura, pídese responsablidade a cada un dos veciños que se acheguen ata o val e lémbrase que estamos saindo dunha época de pademia pero que se disfrute ao memso tempo da festa e convídase a que nos visiten veciños e visitantes.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



