Lugo, 25 de abril de 2022. A Deputación de Lugo xa ten aberto o prazo de inscrición no programa de formación e emprego de persoas desempregadas de longa duración Reiníciate, encamiña o teu futuro, que impulsa coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI) co dobre obxectivo de favorecer a inserción laboral deste colectivo e nutrir de man de obra cualificada a sectores con demanda, como o do viño ou o sociosanitario.
O programa, dotado con 355.000€, constará dunha parte de formación gratuíta en aqueles sectores con alta demanda de persoal capacitado, e doutra parte de formación práctica. Ademais, establécense tres zonas de actuación para impartir as formacións, que comezarán a finais de abril: a zona norte (Burela); a zona sur (Monforte de Lemos); e a zona centro (Lugo). Poderán acollerse a este novo programa un total de 120 persoas, sen límite de idade, que acrediten levar un ano, como mínimo, inscritas no Servizo Público de Emprego.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo en https://lugoempleo.com.
Todas as persoas participantes acadarán a capacitación básica e clave para acceder a un posto de traballo cualificado, o que permitirá a aquelas que carezan de formación mínima -graduado escolar ou ESO- acceder a capacitacións profesionais. As formación realizaranse enfocadas a sectores con alta demanda, como a atención sociosanitaria, os idiomas ou a viticultura. Neste último caso a formación práctica poderá ser en adegas, e, posteriormente, crearanse bolsas de emprego á que empresarios e empresarias poderán acudir para contratar a este persoal capacitado.
Este novo plan de formación e emprego favorece a inserción laboral destas persoas, que teñen especiais dificultades para encontrar traballo, e, ao mesmo tempo, facilita que diferentes sectores profesionais poidan nutrirse de man de obra cualificada.
Outros programas de formación e emprego da Deputación
Este programa provincial súmase ao Reiníciate: dixitaliza a túa empresa e o Reiníciate: enfoca o teu futuro, ambas iniciativas que a Deputación ten en marcha xunto coa EOI. O primeiro, un programa de formación e de asesoramento personalizado que se ofrece ás empresas da provincia de Lugo de maneira totalmente gratuíta para axudarlles a aproveitar os recursos das novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio. O segundo, unha iniciativa que ten como obxectivo favorecer a inserción no mercado de traballo da xente nova da provincia dándolle formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas e entidades en profesións con alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías e coa dixitalización.
Neste último programa está aberto o prazo para que as empresas e asociacións interesadas poidan solicitar unha axuda económica para incorporar a estes rapaces, xa formados, durante un período de tres meses en réxime de prácticas non laborais remuneradas.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.


