Ourol, 13 abril de 2022. O Alcalde socialista de Ourol, José Luis Pajón Camba denunciou hoxe que esta semana o centro de saúde do Concello estivo sen médico para atender á veciñanza durante dous dias (onte e hoxe), ademais do xoves da semana pasada. O rexedor explicou que o facultativo que atendía aos 1.000 veciños e veciñas do Concello actualmente está de baixa e seguirá así varios meses, “e como só temos asignado un médico, agora estamos sen ningún profesional que atenda aos doentes”.
O Alcalde, diante desta situación, púxose en contacto co responsable da area sanitaria da provincia, Ramón Ares, “quen nos comunicou claramente que non había médicos e que supliría esta vacante día a día, co fin de cubrir o servizo”. “Esta é a resposta do PP diante deste panorama, nin soluciona o problema nin aporta solucións. Esta é a súa política”, advertiu.
O rexedor criticou a situación de desatención e desamparo que sofren os seus veciños e veciñas. Nesa liña puxo como exemplo o que aconteceu onte mesmo (martes día 12), no centro de saúde “ao que acudiu unha veciña de idade de avanzada, acompañada da súa filla, que caeu e tivo que ser trasladada ao centro de saúde de Viveiro, do que hai que lembrar que tamén está saturado, tal como xa se leva denunciado insistentemente”, replicou.
“Por todo isto quero denunciar toda esta situación -dixo Pajón- é unha vergoña que coa xente maior que hai en Ourol, que máis do 50% son maiores de 65 anos, esteamos sen médico. Esta situación é incomprensible no ano 2022”. “Non entendemos tantos recortes nunha cuestión tan importante como é sanidade pública, un servicio esencial. Aquí isto esta fatal”, resumiu o rexedor.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



