Ribadeo, 7 de abril 2022. “O Grupo Municipal Popular de Ribadeo vai seguir estando do lado de tódalas persoas que queiran investir e apostar polo noso pobo”. Así o manifestan os populares que tendo en conta que hai moitos locais libres, abandonados e pechados na Praza de Abastos, instaron ao goberno do BNG no último pleno “a sacalos a concurso” porque son moitas tamén as persoas interesadas en impulsar unha actividade económica neses espazos.
O voceiro, Daniel Vega, agradece a estas persoas o seu interese que, “xunto ás reivindicacións dos actuais praceiros e ás peticións trasladadas polo Grupo Municipal Popular en diversas ocasións, levaron ao goberno local a espertar e tomar esta decisión”.
O popular lembra que ante os proxectos que presentaban os interesados en desenvolver a súa actividade na Praza de Abastos, o goberno local do BNG respondía que non sabía moi ben que facer con estes locais, non se amosaba partidario de abrir eses locais libres e impulsar propostas para que a Praza de Abastos teña máis actividade.
Vega condena, nese sentido, que “non pode ser que o goberno local se amose pasota e non lle importen eses locais nin que esas persoas impulsen un proxecto na Praza de Abastos. A actitude dun goberno local debe ser toda a contraria: manter unha actividade proactiva que favoreza, neste caso, a apertura dos locais da Praza de Abastos e, en xeral, a creación de actividade económica no municipio.
“A Praza de Abastos o que necesita é un revulsivo económico e coa apertura destes locais vaino ter, sen lugar a dúbida”, conclúe.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


