Foz, 25 de abril, 2022. A asociación cultural A pomba do arco organiza esta semana a VI edición das xornadas sentirmos a arte. Segundo sinalou o directivo da entidade e artista plástico Daniel Río “Caxigueiro” “o obxectivo desta actividade que se celebrarán entre o 25 e o 29 de abril no salón de actos da Casa da Cultura de Foz é achegar diferentes expresións da creación artística ao conxunto dos veciños da comarca no marco do mes da arte organizado polo colectivo Tá que ao longo de todo o mes desenvolverá diferentes actuacións na Mariña de divulgación da actividade artística”. Na mesma liña Caxigueiro “expresou o convencemento da asociación respecto da consolidación dunha actividade que deu aberto un espazo para o dialogo sobre a arte grazas a resposta da veciñanza da zona a quen queremos convidar a que participen da mesma”.
O que transcende á mirada Ignacio Castro
O luns 25 de abril ás 20.30 no salón de actos da Casa da Cultura de Foz arrancan as xornadas coa palestra “ O que transcende á mirada” de Ignacio Castro. Castro, veciño de Lourenzá, significase como fotógrafo cunha ampla obra neste ámbito, onde destaca a súa colaboración con diversos proxectos literarios
O mural cerámico. Sabela Arias
O martes 26 de abril ás 20.30 o salón de actos da Casa da Cultura de Foz acollerá a segunda das palestras. Nesta ocasión tócalle a quenda a artista plástica, Sabela Arias, cun relatorio titulado “Falando do cotiá”. Arias é pintora e ilustradora gráfica, mantendo unha banda de humor en diversos medios de prensa galegos.
Un proxecto de vida?. Mauro Leivas
O mércores 27 de abril ás 20:30 terá lugar na Casa da Cultura de Foz a terceira das sesións de debate. O protagonista neste día será o pintor mindoniense, Mauro Leivas. Leivas autor dunha ampla obra pictórica que o ten convertido nun dos artistas plásticos máis coñecidos da Mariña disertará sobre a súa arte, baixo unha palestra titulado “Un proxecto de vida?
Atrezzo.Territorio. Cristian Villamide
O xoves 28 de abril ás 20:30 terá lugar na casa da Cultura a clausura desta VI edición das xornadas Sentirmos a arte cunha palestra a cargo de Cristián Villamide. Villamide, nado en Lugo en 1966 é un artista multidisciplinar, con traballos no ámbito da escultura, da fotografía, da pintura e das instalacións. A súa palestra vai xirar sobre a relación entre o atrezzo e o territorio.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



