O centro realizou unha celebración de benvida ao alumnado e profesorado provinte de Bélxica, Romanía e Grecia
Burela, 30 de maio de 2022. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participou esta mañá na recepción que a comunidade educativa do Ceip Vista Alegre realizou ao alumnado e profesorado do Erasmus + Project “Friends for our planet”, preto de 80 persoas provintes de Bélxica, Romanía e Grecia.
Co patio do colexio ateigado de bandeiras e mensaxes de benvida, celebraron a chegada dos seus compañeiros e compañeiras estranxeiros con música, pezas de teatro, e tamén cun baile ao son de “Terra” das Tanxugueiras, que repetiron todos xuntos para festexar a diversidade e o lema da canción: “non hai fronteiras”.
Alfredo Llano agradeceu ao director e a toda a comunidade educativa “a súa implicación con estas iniciativas que tanto contribúen ao desenvolvemento persoal e educativo das nenas e nenos, tendo a oportunidade desde xa moi pequenos de viaxar a outros países e de coñecer, desde a súa localidade, as culturas distintas que hai noutros lugares”, subliñou o rexedor, facendo fincapé en que “é unha cousa boa para o colexio e tamén para o pobo, polo que ofrecemos todo o que está ao noso alcance para que o alumnado e profesorado estranxeiro coñeza Burela e se senta como na súa casa estes días”.
Este proxecto que une a escolares de Burela e doutros países co reto principal de coidar a natureza e concienciar sobre o cambio climático, contou co apoio da Delegación de Medio Ambiente do Concello burelés, realizando ao longo destes días xunto coas monitores da aula Gaia a ruta xeolóxica do Monte Castelo, rutas por Burela e tamén a visita ao Barco Museo “Reina del Carmen”, así como a ruta do porto e visita á lonxa climatizada, co obxectivo de que alumnos e profesores belgas, rumanos e gregos coñezan de preto a cultura mariñeira, os paisaxes, tradicións e compromiso que Burela mantén co medio ambiente. O mércores desprazaranse ata Cangas e realizarán xogos relacionados coa reciclaxe.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



