Lourenzá, 11 de maio de 2022. O Concello de Lourenzá vén de conseguir unha axuda da Xunta de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago. A contía da subvención ascende a 14.855 euros e para a realización destas obras o Concello fai unha achega de 4.952 euros xa que o presuposto total das actuacións ascende a 19.807 euros.
Anunciouno a alcaldesa, Rocío López, quen explica que “entre as actuacións incluídas no proxecto está a renovación do chan existente na baixada pronunciada que dá entrada ao Camiño en Lourenzá. Esta pendente esvaradía é un perigo en días de choiva para os viandantes, por iso optamos por renovar o chan e mellorar así a seguridade das persoas peregrinas. Ademais levaranse a cabo actuacións de mantemento, limpeza e axardinamento da zona para buscar unha maior harmonía con materiais máis acordes a contorna. Tamén se reparará a varanda metálica da nova Ponte da Pedra, que se atopa en mal estado debido as inclemencias meteorolóxicas. Procederase á limpeza e eliminación de defectos, decapado, lixado e posterior pintado nunha cor escura ou neutra que respecte a paisaxe circundante”.
A rexedora destacou que “con estas intervencións acondicionamos o punto de entrada do Camiño Norte no casco urbano. É importante seguir mellorando os servizos aos peregrinos e aproveitar o forte impulso e as oportunidades que supón o Camiño Norte para Lourenzá”.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



