Ribadeo, 12 de maio de 2022. Ribadeo acolle do 14 ao 16 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo Sustainable Efficient and Socially Inclusive Quality Apprendice Training, no que participa Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Un total de 22 profesores de Turquía, Grecia, Italia e España daranse cita en Ribadeo. O sábado pola mañá os socios do proxecto poñerán en común os traballos realizados, presentarase unha guía en formato electrónico e despois hai programadas varias visitas a empresas da comarca como Hijos de Ramón Rubal ou Carrocerías Irmáns Rega. Os asistentes coñecerán na xornada do sábado Finca Galea, en Alfoz, e despois se desprazarán a Mondoñedo onde visitarán un taller de fabricación de zocas, os museos de Álvaro Cunqueiro, o da imprenta e o de José Barro, ademais da Catedral.
O domingo, día 15, os profesores viaxarán pola mañá ata o concello asturiano de Taramundi, onde coñecerán o conxunto etnográfico de Teixois e varios talleres de emprendedores. E pola tarde achegaranse ata A Pontenova para visitar mina Consuelo e a Tirolina das Minas.
As sesións de traballo seguirán o luns nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, con varios relatorios. Os asistentes a este encontro europeo visitarán a praia de As Catedrais, realizarán un percorrido guiado por Ribadeo e coñecerán as instalacións da hípica La Frontera no veciño concello de Castropol.
Este encontro concluirá o luns pola noite.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



