O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Será ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!.
Xornada de Teatro en Alfoz este sábado