Burela, 22 de xuño, 2022. Pescados Rubén Burela e Atlético Navalcarnero volveron cruzarse para disputar a ida da Final polo título de Playoff de Primeira División RFEF Futsal Feminina. As guerreiras empatan 2-2 na casa, decidíndose todo no partido de volta.
Empezaba este derbi de final con ambos os equipos serios sobre a pista, marcando o seu territorio. Durante o primeiros dez minutos, as laranxas mostrábanse mellor, presionando a en toda a pista ao Futsi, ás cales non lles cedían ningunha oportunidade. Controlaban o xogo, e tiveron algúns intentos pero non demasiado perigosos.
O Futsi estaba coas revolucións altas, pois en dez minutos xa cometera 6 faltas, quedando comprometidas en ou que quedaba de disputar de primeira parte. Coa sexta falta, Emilly de dobre penalti a punto estivo de poñer o 1-0 co seu disparo potente. Na seguinte xogada, o Futsi ía ter unha ocasión moi clara, pero Jozi evita o que puido ser o gol das visitantes facendo unha boa intervención ante Vane Sotelo.
Coas 6 faltas o Futsi baixou as súas revolucións e empezou a controlar mellor o seu xogo. Durante un tramo controlaban o balón, pero parecía que o Burela buscaba máis adiantarse. Dany aos 15 minutos ía ter a ocasión máis clara do partido cun roubo que ela mesmo fixo e case converte se non chega a ser por Malta Valbuena.
Os últimos minutos da primeira parte acabaríanse con ambos os equipos buscando adiantarse cunhas guerreiras que tiveron outra ocasión de dobre penalti de Emilly, e un disparo de Peque, e o Futsi nos segundos finais, tivo unha acción que rexeitou a defensa do Burela de forma crucial. Iríase ao descanso con empate.
Segundo saltaron ambos os equipos producíronse dous goles. Poñíase o Burela por diante con gol de Peque pero seguidamente ía empatar o partido o Futsi cun gol de Irene Córdoba tras un erro en defensa. Minutos despois as visitantes, ían ter un balón ao pau mediante disparo de Anita Luján. Despois diso, o conxunto de Julio Delgado contestaba cun disparo potente de Dany e outro de Peque que evitaba a meta Marta Valbuena que estaba a realizar unha fenomenal actuación.
Chegado o ecuador da segunda parte, íase producir exactamente o mesmo que ao comezo desta. Chegaba o gol de Ale de paz tras aproveitar un balón na área e a continuación volvía poñer táboas o Futsi na xogada seguinte con gol de María Sanz cun disparo afastado. Os minutos vindeiros corresponderíanse con dous equipos dándoo todo para poñer a súa vantaxe no marcador, cun Navalcarnero que saía ben tras recuperar balón e cunhas guerreiras que estaba a ser arroupadas polo seu público. Con todo, ía chegar ao final deste choque con empate 2-2.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Jozi, Dany, Cilene ,Peque, Ale De Paz, -Cinco inicial- Lara Balseiro , Elenita, Bea Mateos, Irene Samper, Jenny, Elena Aragón y Sandra Buzón.
Atlético Navalcarnero : Marta Valbuena , Anita Luján, María Sanz, Ari, Irene Córdoba, -Cinco Inicial- Laura Córdoba, Ju Delgado, Ame Romero, Albita , Lorrana, Belén, Becha y Vane Sotelo.
Goles: Min 21 Peque 1-0; Min 22 Irene Córdoba 1-1; Min 30 Ale de Paz 2-1; Min 31 María Sanz 2-2.
Equipo arbitral: TOCA CAMPO, SÁNCHEZ LLORENTE – COELLO MARTÍNEZ , DE LUIS IGLESIA, A . Cartón Amarelo a María Sanz e a Peque.
Incidencias: Partido correspondente á xornada de ida da Final polo título do Playoff de Primeira División RFEF Futsal Femenina, disputado no pavillón Vista Alegre. Asistiron a este encontro o vicepresidente da FUTGAL, Pablo prieto, o Deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, o xefe de servizo de deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero e o Alcalde de Burela, Alfredo llano.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
