Cervo, 3 de xuño, 2022. O evento deportivo, coordinado polo Club Natación Xove, en colaboración co Concello de Cervo, será en horario de 10:30 a 17:00 horas
Participan:
– C.N. Avilés
-C.N. Monforte
-C. Fluvial de Lugo
– C.N. Cedeira
– C.N. Ferrol
– C. Marina Ferrol
– A.D. NAÚTICO NARÓN
– C.D.N. CIDADE DE SANTIAGO
– C.N Xove
Os/as nadadores/as competirán para lograr marcas mínimas para os campionatos galegos e nacionais.
O edil de Deportes, David Rodríguez, destacou a importancia de poder acoller este tipo de competicións nas nosas instalacións , que son practicamente únicas en Galicia -nestes intres só están operativas dúas piscinas olímpicas en toda a comunidade- e convidou aos/ás deportistas a gozar, ao tempo que practican deporte, dos atractivos que pode ofrecerlles Cervo.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



