Ribadeo, 16 de xuño, 2022. Chegando ao remate deste curso é tempo de ir pechando actividades e proxectos desenvolvidas como traballos complementarios nos últimos meses.
Un destes proxectos foi clausurado na mañá do mércores 15 de xuño durante un webinar que reuniu a 10 centros de toda España, cuns 250 alumnos e alumnas participantes. O proxecto TAEUS, coordinado pola Asociación INGALICIA implicou a todo este alumnado no coñecemento dos fondos de cohesión da Unión Europea, a través de técnicas de recollida de datos, análise e diagnóstico de información, e animou aos grupos a levar a cabo un traballo de investigación, a creación de material audiovisual e a difusión dos resultados acadados.
Este obxectivo supuxo estudar os aspectos teóricos, sociais e políticos destes fondos, escoller entre os que afectan á nosa comunidade, coñecelos, e, por último, dalos a coñecer ao resto da cidadanía.
No caso do IES Ribadeo escolluse o programa que desenvolve o concello de Ribadeo para a recuperación do patrimonio documental ao longo da súa historia. Desde o ano 2017 realizáronse cinco programas mixtos de formación e emprego, cofinanciados no 92% polo Fondo Social Europeo. Estes programas teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas que non estean traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas, de entre 18 e 29 anos, que figuren inscritas no ficheiro do sistema de Garantía xuvenil de España. Os obxectivos que persegue son crear un inventario con toda a documentación, garantir o acceso universal empregando medios dixitais, e promover a difusión deste patrimonio a través da creación dunha páxina web do arquivo.
Este traballo converteu ao arquivo municipal de Ribadeo nun dos mellor organizados da provincia, cuns 50.000 documentos descritos e clasificados. Ademais, o traballo de dixitalización conseguiu actualizar todos os libros de actas consistoriais desde o século XVI ao XX, así como toda a documentación do padrón de habitantes, planimetría e expedientes de obras de urbanización. En total fixéronse aproximadamente unhas 300.000 imaxes.
O alumnado realizou dúas visitas ao concello. Na primeira, a responsable do proxecto Ana Belén Vázquez Rodríguez e o grupo de mozos do obradoiro de emprego Territorio Vivo amosaron o traballo que levan a cabo e explicaron os distintos procesos que deben realizar para conseguir os obxectivos expostos. Na segunda, realizada unha vez que o alumnado filtrou e analizou a información aportada, estudaron unha selección da documentación máis relevante encontrada ao longo deste programa. Así, o alumnado puido descubrir os planos do arquitecto Manuel Machuca para unha gran catedral na vila, un manuscrito que recubría un libro de contabilidade do século XVI e que pertence ao século XII ou XIV, e que contén, entre outros elementos, sete composicións musicais denominadas antífonas (que xa tiveron unha exclusiva exposición na vila), cartas, legados de libros, libros de contas, expedentes,… un sen fin de testemuñas da historia local que ofrecen as caras e as cruces da vida cotiá dos nosos antepasados.
O traballo dos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES Ribadeo Dionisio Gamallo tivo como obxectivo dar a coñecer este patrimonio documental e o seu resultado pódese ver nas redes sociais como tiktok (na conta kosmopolitas), no seu twitter @cosmopolitas1, en youtube (Arquivo Histórico de Ribadeo) e na propia páxina do centro.
O IES desexa compartir con toda a cidadanía este proxecto, agradecer a todas as persoas implicadas a súa colaboración e animar a coñecer e dar a coñecer todas estas testemuñas do que fumos e que nos converteu no que somos.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



