O portavoz, Daniel Vega, explica que “queremos coñecer o proxecto e traballar todos como corporación municipal, como levamos defendendo dende o inicio deste mandato”
Ribadeo, 20 de xuño de 2022. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo solicita ao goberno local a documentación sobre o proxecto de reforma integral do Hospital Asilo.
“Queremos coñecer o proxecto e traballar todos como corporación municipal, como levamos defendendo dende o inicio deste mandato. É importante traballar todos como corporación nos temas importantes da vila”, segundo manifesta o voceiro, Daniel Vega.
“O Grupo Municipal Popular leva moito tempo esixíndolle explicacións ao goberno do BNG sobre a reforma integral do Hospital Asilo. Primeiro sobre a herdanza do doutor Moreda. Xa sabemos que hai parte dese diñeiro que se pode investir. Agora queremos coñecer o proxecto”, explica.
“Sorprende que o goberno local lle esixa a outras administracións non se sabe moi ben o que porque dende hai moito tempo a Xunta xa dixo que ía colaborar economicamente”, segundo manifesta o voceiro popular.
Vega pídelle a “este goberno do BNG que non se cerre en si mesmo. Que traballemos todos como corporación en temas fundamentais como é o Hospital Asilo. Con espírito de colaboración levamos trallando dende o inicio do mandato, falamos da reforma integral, da herdanza do doutor Moreda e tamén falamos de que a Xunta ía a colaborar”.
“Non imos entrar en provocacións. Non imos contestar notas que queren provocar e non concretar algo positivo para o Hospital Asilo de Ribadeo”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



