Francisco Mon dixo que “a pesar de que o equipo de goberno do PP ten maioría absoluta, e cargos de confianza en nómina, é absolutamente incapaz de elaborar un orzamento para o ano 2022”
Cervo, 27 de xuño de 2022. O Grupo Municipal Socialista de Cervo criticou hoxe a nula capacidade de gobernar do Alcalde e todo o seu goberno, trala celebración da sesión plenaria na que novamente se incluiron modificacións os orzamentos prorrogados do ano pasado, que son os que actualemnte están en vigor.
O voceiro socialista, Francisco Mon dixo que “a pesar de que o equipo de goberno do PP ten maioría absoluta, así como diversos cargos de confianza en nómina, é absolutamente incapaz de elaborar un orzamento para o ano 2022. E isto só se pode deber a absoluta incompetencia da propia Alcaldía, xa que esta máis preocupado de promoverse politicamente que en xestionar os intereses do Concello e da súa veciñanza”, replicou.
Mon advertiu que o Alcalde “esta máis ocupado en saír na foto para gañar protagonismo electoral, que en resolver os problemas dos veciños e das veciñas de Cervo”. E proseguiu coas súas criticas “non se entende como uns orzamentos onde o 80 % dos gastos xa están comprometidos, cun plan de ingresos e gastos sen ter ningún tipo de modificacións fiscais, sufra este tipo de retraso. Temos un equipo de goberno que presume de boa xestión, pero comprobamos que é incapaz de elaborar un dos documentos económicos máis importantes do Concello”, remarcou.
Mon denuncia ademais que o Goberno do PP de Cervo “non ten proxectos nin iniciativas novas para os sectores estratéxicos da vila como son o turismo, o pequeno comercio, os autónomos ou para o sector da hostalaría. E seguindo coa liña dos responsables do PP na Xunta, tampouco conta cun proxecto industrial que conleve novas inversións no noso Concello e na Comarca”, dixo.
Gasto de remanentes
Nesta sesión plenaria o PP ven novamente de aprobar novos créditos contra os remanentes “que hai que recordar que proveñen da falta de execución realizada de exercicios pasados”, e que foron acumulados a base de non gastar nas prioridades básicas do Concello como son o emprego, os servicios sociais, a inversión en limpeza e mantemento, etc., que necesita o Concello e tódolos veciños. “E agora seguindo co seu modelo político caduco e as portas de ano electoral apúrase a facer e comprometer obras no momento que mais rédito electoral lle pode sacar, e non cando o necesitan os cidadáns”.





















A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



