Será na biblioteca municipal, ás 12h, coa presenza do autor, Xabier Paz. Dita obra conta a historia familiar vinculada á casa do Santiño, a carón do lavadoiro que se rehabilitará por parte do Concello. A obra conta tamén parte da historia de San Cosme e de Barreiros, vinculada ao percorrido familiar do autor que vincula Barreiros, a Montaña luguesa e a Habana, nunha viaxe que toca a emigración, o retorno, a guerra e a necesidade de supervivencia que, sen dúbida, marcaron tamén este municipio.
Presentación do libro “A Barcelonesa”, de Xabier Paz en Barreiros este domingo
Presentación do libro “A Barcelonesa”, de Xabier Paz en Barreiros este domingo
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
Mariña Patrimonio descobre útiles do paleolítico na turbeira da praia de San Miguel de Reinante