Burela, 12 de xullo, 2022. A Asociación Esperanza de apoio e loita contra o cancro de Burela considera “positivo o balance de actividades levadas a cabo dende comezos do outono pasado ata esta primavera, con varias actividades que tentaron que a veciñanza se achegara máis á asociación”.
Para Esperanza, “o acto co que a asociación está máis satisfeita é coa celebración do Día Muncial contra o cancro; elaboramos unha alfombra floral coa colaboración de ‘Burela Floral’, e percibimos o apoio de moitos veciños e veciñas e practicamente todos os colectivos do concello”.
Dende a asociación “pretendemos que os nosos socios e socias se manteñan activos. Por iso non só lles pedimos colaboración para as actividades, senón que organizamos actividades para eles, como foron os cursos de pintura e costura; cursos que continuaremos organizando para o vindeiro outono/inverno”.
Ademais de participar no mercadillo organizado polo Concello, Esperanza destaca tamén a viaxe de vintetrés socios e socias da mesma dentro do programa “Coñece a túa provincia” organizado pola Deputación Provincial.
A Asociación tamén lle agradece ao Concello de Burela a colaboración prestada cando foi requerido, e especialmente a entrega de 1.000€ por mor dunha campaña de reciclaxe.
Pero Esperanza tamén quere destacar o incremento da masa social do colectivo: “neste período incrementamos case que un 10% o número de socios, xa que estamos a rondar os 400. Iso danos máis forza para seguir a traballar polo obxectivo derradeiro do noso colectivo, incrementar os fondos adicados á investigación contra o cancro no noso país, e a iso se destinaron 4.000€ dende Esperanza no que vai de ano 2022. Lembramos que unha persoa asociada ao noso colectivo paga ao ano 12€, que nos serven para cubrir os gastos de mantemento da asociación e a organización de actividades, e enviar todo o demais á investigación con esta enfermidade. Por iso, e porque esta enfermidade nos pode tocar a todos antes ou despois, é polo que pedimos o apoio da cidadanía burelá”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



