Ribadeo, 14 de xullo de 2022. A SD Ribadeo arrinca a tempada cunha nova directiva elixida nas eleccións celebradas o pasado mes de maio. A nova directiva está formada por 9 nais e pais de nenas e nenos pertencentes ao club, que deron un paso adiante ante o risco de disolución da entidade e ao non presentarse ningunha outra candidatura.
Nesta nova etapa a SD está presidida por Valentín Coto Pérez, a secretaria é María José Tella Costa, a tesoureira é Mª Visitación Docobo López e como vogais figuran Ángel López, Manuel Bautista, Óscar Otero, Rubén Díaz, Pablo Cartoy e Edixon Zambrano.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, sinala que “sabemos que nos enfrentamos a un reto difícil, pero que a la vez es apasionante en el que todas y todos deberemos poner lo mejor de nosotros mismos para sacar adelante a la SD. Nuestra intención es que los más de 170 niñas y niños que forman parte del club puedan seguir disfrutando del fútbol y adquiriendo valores y conocimientos”.
Coto tivo palabras de agradecemento para as anteriores directivas: “queremos destacar la labor realizada por las anteriores directivas desde la constitución de la SD”.
O presidente da SD Ribadeo alude aos obxectivos marcados: “intentaremos modernizar en todo lo posible el club, potenciando la formación en el deporte de las jugadoras y jugadores y manteniendo el espíritu por el que se constituyó en su momento la SD Ribadeo. Para afrontar la próxima temporada e intentar establecer una adecuada organización deportiva, la Junta Directiva que presido ha acordado delegar la gestión deportiva del club en Rubén de Castro Donato, entrenador UEFA PRO y con sobrada experiencia en estos menesteres y que seguramente nos ayudará a afrontar los retos futuros”.
Valentín Coto insistiu en que o prazo de inscrición para formar parte da SD Ribadeo finaliza o próximo 30 de xullo: “nos gustaría recordar a todas aquellas niñas y niños de entre 4 a 18 años que quieran disfrutar del fútbol que pueden inscribirse en nuestro club enviando un correo a sdribadeo@sdribadeo.info o llamando al teléfono 686166715”.


























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.

