Augas de Galicia asume todos os traballos de explotación e conservación das instalacións que forman parte do sistema de depuración municipal, de competencia local
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou por 101.060 euros, as obras necesarias para a implantación de sistemas de control de efluente e monitoraxe enerxética na estación depuradora de augas residuais do concello de Alfoz.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación desta actuación, que optimiza o seguimento no rendemento do tratamento das augas da depuradora. As empresas interesadas nesta intervención, que conta cun prazo de execución de 3 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 2 de agosto.
As actuacións obxecto deste contrato comprenden a instalación de caudalímetros e variadores de frecuencia, a dotación dun sistema de monitoraxe enerxética e a implantación dun sistema de medida en continuo da calidade do efluente da depuradora municipal.
Máis en detalle, dentro das actuacións proxectadas pola entidade hidráulica da Xunta, prevese a instalación dun caudalímetro que permita cuantificar a auga tratada á saída da planta depuradora. Na actualidade o caudalímetro instalado atópase á entrada do reactor biolóxico, polo que non ten en conta a recirculación que se produce do decantador secundario ao reactor.
Coa instalación deste novo caudalímetro á saída do canal de desinfección incrementarase o coñecemento do caudal exacto tratado que sae da depuradora en cada momento. O caudalímetro, de tipo electromagnético, rexistrará os valores e estará dotado dun transmisor baseado en microprocesador, e as medidas do caudal tomadas serán enviadas ao SCADA de planta, quedando rexistradas representadas graficamente.
Tamén se instalará un caudalímetro para coñecer e rexistrar o caudal de recirculación da depuradora en todo momento.
Para ambos os caudalímetros, seleccionaranse sensores con revestimentos adecuados ao tipo de auga que circulará polo seu interior. Para iso, colocaranse tres unidades de variadores de frecuencia nas bombas de cabeceira, así como 2 unidades nas bombas de recirculación de fangos. Deste xeito poderase optimizar o rendemento e consumo das bombas permitindo axustar o seu funcionamento ao caudal de cada momento, mediante o axuste da súa frecuencia. Isto tamén implicará cambiar o gardamotor.
Dentro das obras obxecto do contrato licitado hoxe, inclúese, tamén, a instalación na depuradora dun sistema de monitoraxe enerxética co que se poderá facer o seguimento dos consumos enerxéticos por volume de auga tratado, do volume bombeado, así como dos consumos enerxéticos do pretratamento, o tratamento secundario por carga e o tratamento de lodos pola cantidade de residuo xestionado.
A contratación enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas responsabilidades municipais de abastecemento, saneamento e depuración. Neste caso, enmárcase dentro do convenio entre Augas de Galicia e os concellos de Alfoz e o Valadouro para a explotación da estación depuradora de augas residuais municipal de Alfoz-Valadouro.
O contrato de conservación e mantemento desta depuradora municipal foi prorrogado o pasado mes de maio para os dous vindeiros anos, e supón un investimento total da Xunta de máis de 2,5 M€ desde o ano 2005. O obxectivo é garantir unha xestión profesional e innovadora da depuradora municipal, de xeito que Augas de Galicia asume todos os traballos de explotación e conservación das instalacións que forman parte do sistema de depuración para que cumpran os cometidos para os que foron deseñadas, en condicións óptimas de funcionamento.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



