Foz, 27 de xullo, 2022. A casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle desde 1 a 4 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz, tras dous anos de parálise provocada pola pandemia.
O encontro deste ano ten unha significación particular por coincidir co 25 aniversario da primeira cita, organizada por primeira vez en agosto de 1995 e que tivo como relatores a Suso Fernández, Antón Niñe, Ramón Eiras e Xoán Ramón Fernández Pacios. Neste sentido, o presidente da Pomba do Arco e un dos impulsores das xornadas na súa orixe, Marcelino Vilarino quixo lembrar “a todos aqueles que colaboraron con nos neste período e de xeito moi particular a Suso Fernández, quen nos prestou a axuda necesaria para facer posíbel aquelas primeiras xornadas”
O presidente da asociación A Pomba do Arco sinala que “ xornadas de historia téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do concello de Foz, pola súa contribución a pór en valor o pasado de Foz”. Neste sentido, cualificas de “ son referencia para os focegos pois nela ven o compromiso por parte da Pomba do Arco en recuperar a nosa historia local e incorporala dentro da historia xeral da Galiza”.
Os portos de Foz
As xornadas arrancan luns 1 de agosto as 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz cunha palestra a cargo do historiador focego e cronista oficial da localidade Xoán Ramón Fernández Pacios titulada “ Os portos de Foz”. O investigador focego analizara os diversos emprazamentos dos portos da localidade desde o século XV até 1935, significando que a localización actual do peirao non foi a única existente nestes cinco séculos. A tal efecto, Pacios referirase, tamén, ao porto baleeiro do Rego de Foz do século XVII así como a outras instalacións portuarias noutros lugares do concello.
A primeira guerrilla antifranquista na Mariña
O martes 2 de agosto as 20:30 a casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle unha palestra dos historiadores Eliseo Fernández e Dionisio Pereira sobre “A primeira guerrilla antifranquista na Mariña” Fernández e Pereira son dous recoñecidos historiadores sobre o movemento obreiro, a represión franquista e a guerrilla galega, que na súa exposición van percorrer os primeiros pasos da guerrilla na Mariña e a súa evolución até 1939. Algúns dos temas a tocar son a figura de Luis Trigo “Gardarrios”, a acción guerrilleira do grupo de Alejandro Temblas, irmán do loitador comunista José, até o seu asasinado en 1938 ou o asasinato das mulleres da familia Casabella en Ourol, mortas en 1938, cuxo crime está considerado como un dos máis crueis da represión na Galiza
A masonería na Mariña
O mércores 3 de agosto as 20:30 a casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle unha palestra do xornalista e investigador cangués Martín Fernández Vizoso cunha relatorio sobre “A masonería na Mariña”. Fernández Vizoso, xornalista de longa traxectoria e significa historiador da emigración mariñá achegarase ao movemento masón na mariña durante o século XX, achegando información inédita da masonería na comarca.
A súa palestra analizará os núcleos masónicos existentes no período republicano antes de que o franquismo iniciase unha persecución brutal do mesmo, con loxas funcionando en Viveiro, cuxa relación de membros aínda se conserva, un triángulo na parroquia do Vicedo de San Román do Val e membros aíllados noutros concellos que participan en loxas de Lugo, A Coruña, Ferrol ou Xixón.
O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña
As xornadas serán clausuradas o xoves 4 de agosto ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz o ensaísta e investigador Francisco Rodríguez Sánchez impartirá unha palestra titulada “O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña”, onde nos achegará a unha centuria chave para entender a realidade da nosa comarca. Rodríguez, autor dunha ampla produción bibliográfica no ámbito dos estudos sociolingüísticos, literario e históricos, até o punto de que algunhas das súas obras son referencias inescusábeis nestes materias, explicaranos os cambios que se producen en Galiza e na nosa comarca no contexto dos enfrontamentos da guerra dos cen anos e do petrismo e o trastamarismo. A consecuencia destes feitos nacerá o Condado de Ribadeo, entregado por Enrique de Trastamara ao mercenario francés Pierre Villaines que o apoiou na guerra contra os galegos, a revolta dos veciños de Viveiro contra o bispo de Mondoñedo e a consecución da vila de reguengo ou a clausura do porto da Masma polos Trastamará, que fanará as posibilidades do desenvolvemento comercial de Foz.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



