Ribadeo, 5 de xullo de 2022. No salón de plenos do Concello tivo lugar esta mañá a recepción ofrecida á futbolista Irene Suárez Fernández, polo posto de semifinalista acadado no campionato de España sub-16 feminino de fútbol co selección galega, que se celebrou hai unhas semanas en Narón. O alcalde, Fernando Suárez, que estivo acompañado polo técnico de deportes, Iván Rodríguez, fíxolle entrega dun agasallo a esta deportista ribadense.
O rexedor, na súa intervención, dixo: “gústanos recoñecer a traxectoria daquelas persoas que, ben xogando en clubs de aquí ou en clubs que son de fora, representades a Ribadeo por aí adiante, ou neste caso representades a Galicia. É todo un mérito que sendo unha persoa tan nova xogando nestas categorías ides triunfando por aí adiante, chegastes a ser semifinalistas no campionato de España da vosa categoría, e é unha honra para nosoutros como Concello de Ribadeo, para todos os veciños e veciñas, facer esta recepción e darche un regaliño, un pequeno agasallo para que conserves e para que recordes”.
E engadiu: “seguramente que no teu recordo estará máis que nada o partido, pero co paso do tempo seguro que che vai gustar ter este regaliño. E nada máis, solo che queremos desexar o mellor, es moi nova, tes que seguir competindo, tes que seguir estudando, e este é un consello que sempre damos aquí, non deixar os estudos a un lado aínda que o adestramento, e máis ti que ademais tes que adestrar nun equipo que non está aquí en Ribadeo, dobre tempo de desprazamento, de esforzo, etcétera. Pero non deixes os estudos por nada”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.


