Ribadeo, 7 de xullo de 2022. Xa está na rúa o sexto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes.
Tras dous anos sen celebrarse debido a terrible pandemia que nos azoutou en 2020 e 2021, o Ribadeo Indiano reaparece ao grande na súa sétima edición, que está dedicada á muller. Ao mesmo tempo, reaparece a Gaceta Ribadense, o xornal desta festividade, con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.
A Gaceta Ribadense comeza a distribuírse polas rúas de Ribadeo hoxe, 7 de xullo. O xornal, ademais do amplísimo programa de actividades das que se poderá gozar no VII Ribadeo Indiano do 8 ao 10 de xullo, conta con escritos elaborados especialmente para esta gaceta por Carlos Álvarez Lebredo, Celia Castro, Farruco Graña, Francisco Bonete, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia e Carmen Cruzado.
Ao igual que no Ribadeo Indiano, na Gaceta Ribadense teñen gran protagonismo as mulleres, con textos dedicados á directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rodríguez Cancelo, e á responsable da biblioteca municipal El Viejo Pancho, María Jesús Rañón Ríos.
E, como en números anteriores do xornal, neste tamén se inclúe unha sección dedicada a fotografías da anterior edición do Ribadeo Indiano, na que se pode ver tanto a ribadenses coma visitantes participar nesta celebración en 2019.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



