Dende hai xa abondos anos, sabemos que a Torre dos Moreno está a caerse en anacos. Tamén sabemos que debería, e temos esperanzas de que algún día sexa así, terse un plan de recuperación a aproveitamento dun edificio que sería apetecible para moitas cousas. É dicir, ter disposta a misión ‘aproveitar a Torre dos Moreno’.
Pero tamén sabemos, dende hai moitos anos, que o único para o que vai dando a historia é para relativamente pequenos (que soen anunciarse como grandes por requirir orzamentos non desprezables) amaños que eviten que o edificio se veña abaixo ou siga a caerse anaco tras anaco. É dicir, parafraseando o título dunha célebre película, sucesivas misións ‘salvar a Torre dos Moreno’. No día de hoxe chega outra edición desa misión, a acometer pola empresa privada maioritaria da propiedade. Decatámonos por unha nota de prensa do concello que se titula ‘Torre dos Moreno’ e que inclúe o seguinte parágrafo a modo de resume: “A xunta de goberno concedeu licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno.”
Máis adiante na mesma nota, desenvolve un pouco o feito: “(…) logo de moitos anos, logo de moitos problemas, moitas horas dedicadas cos técnicos municipais, logo de ter todos os parabéns da Comisión de Patrimonio Histórico de Lugo e logo de ter que ir en cinco ocasións, por fin, onte demos a licenza de obra ao proxecto de execución para a Intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. Estas obras contemplan, entre outras, actuacións de reparación da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as súas fachadas. Os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal, que ten actualmente o edificio, e tamén os materiais de cuberta serán os mesmos que os do edificio actual. Tamén se vai proceder á colocación de novas carpinterías exteriores, dado o pésimo estado das actuais, e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal”. “(…) agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo. Agardamos que dentro de non moito, este edificio poida lucir o esplendor que tivo a principios do século XX, e por riba de todo, que coa súa rehabilitación poidamos asegurar a seguridade pública necesaria (…).”
A dicir que na Xunta de Goberno do concello do día 6 acordáronse outras varias licenzas, e que é nese sentido, o da concesión de licenza, que xurde a noticia, xerada pola petición correspondente que tería que realizar no seu día a empresa Paisajes de Asturias. Unha petición, como observamos, doutra obra parcial para manter o edificio en pé, non para rehabilitalo de xeito íntegro.
Outras apreciacións e comentarios do destaque da noticia poden ser as seguintes: houbo que ir cinco veces a Lugo, a Patrimonio. Non especifica a noticia quen, aínda que por como está redactada, parece desprenderse que serían viaxes, non só sinxelos envíos e voltas de papeis, e que o concello tería participado nesas viaxes á capital administrativa provincial. Estimo que debe ser ben un erro de redacción, ben de comprensión pola miña parte. O contrario sería un trato de favor, pois fronte a ese feito, para obras abondo máis pequenas, realizadas tamén de xeito privado, sei de quen tivo que enviar varias veces ó longo de varios anos proxectos e preguntas a Lugo, pero tamén consultar ós técnicos do concello, sen ter o apoio desa institución como axudante na capital. É dicir, de non entender mal, algo diferente de como o concello tería actuado neste caso despois de enaxenar por permuta a súa parte de propiedade.
Tamén pode apreciarse que fala de ‘materiais similares’ para determinadas partes, aínda que ‘iguais’ para as cubertas. É dicir, vai ter o mesmo aspecto, pero non se trata dunha restauración, senón de ‘reparación’ e ‘saneado’. Coas verbas usadas no texto, dunha rehabilitación.
Asemade, cita a reposición das carpinterías exteriores. Por falta que lles fai non quedarán, e é de supoñer que con elas serán repostas as vidreiras.
A empresa pode comezar cando queira, di a nota. Coido que as licenzas teñen un límite de tempo de execución, e, de non ser executadas en prazo, a licenza caduca. Evidentemente, se é a empresa quen decide, e non se lle forza a facer algo, farao cando queira, si, pero cos límites que estableza a licenza, e sen perder de vista que outras obras da mesma empresa da outra beira da ría estendéronse ben no tempo.
Remata a nota facendo referencia á seguridade. Coido que deben terse superadas xa as dúas décadas de valados e redes no cantón. Esperemos que desta se acabe con esa ignominia, aínda que queden outras actuacións para o futuro.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



