O PNV, PSE e EH-BILDU veñen de acadar un acordo para fomentar a participación internacional das seleccións de Euskadi nas competicións oficiais na nova Lei vasca do Deporte, logo de que a UEFA e a FIFA rexeitaran hai meses o ingreso da Federación futbolística vasca. Porque para que as seleccións vasca ou galega partillen nunha Eurocopa ou nun Mundial non se precisa que as súas Federacións ingresen na UEFA ou na FIFA, senón só que a Federación española de fútbol admita a participación internacional das devanditas seleccións. Esta norma rexe en case todas as modalidades deportivas e explica, por exemplo, que Galicia poida participar internacionalmente en fútbol gaélico, deporte onde non existe Federación estatal.
Velaí que as reformas normativas precisas para que as Federacións deportivas estatais permitan a participación internacional das seleccións deportivas galegas son dúas: i) a da Lei galega de Deporte para prever e regular a participación internacional en competicións oficiais das seleccións deportivas galegas (como vai facer a nova lei vasca) e ii) a da Lei estatal do Deporte para regular a obrigada autorización das federacións deportivas estatais para a participación nesta caste de competicións das seleccións deportivas autonómicas se así está recoñecido en cadansúa lei territorial.
Escocia, Gales, Irlanda do Norte ou as illas Feröe, sen ser independentes, partillan nas competicións internacionais oficiais e esa participación xera importantes beneficios no que atinxe á imaxe exterior e á promoción cultural, turística e empresarial de cadanseus países.
Foi o goberno de coalición BNG-PSdeG entre 2005 e 2009, a medio dos seus vicepresidente Anxo Quintana, conselleira Ánxela Bugallo e directores xerais de Deporte Santi Domínguez e Marta Souto (BNG) o que preparou o terreo para avanzar no recoñecemento deportivo internacional de Galicia, coa implementación da nosa selección irmandiña de fútbol, que xogou partidos contra Uruguai (2006), Camerún (2007) e Irán (2008), a Declaración de San Mamés (28.12.2007) no que os gobernos galego, vasco e catalán reivindicaron a participación internacional oficial de cadansúas seleccións ou as competicións Galeuscat con convites a un terceiro Estado que desenvolveron as Federacións de basket e balonmán entre 2006 e 2010.
Esta política de promoción deportiva internacional foi liquidada por Núñez Feijóo e o seu secretario xeral Lete Lasa despois de 2009. Mais o noso País é, hoxendía, abondo autoconsciente para esixir que se lle deixe regular a súa presenza deportiva internacional, con nidias fins de promoción exterior, máis tamén deportiva, cultural e económica. E este dereito a participarmos internacionalmente ha chegar, máis tarde ou máis cedo


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



