Ribadeo, 30 de setembro 2022. O grupo muncipal popular pronúnciase en relación ás palabras da concelleira de Obras, Mónica Freire, e destacan que “como sempre, no seu estilo, para tapar as mentiras”. A vicevoceira, Elena Sierra, explica que “desde o Partido Popular les volvemos a contestar como grupo, porque ella parece que contesta sola. Pensábamos que pertenecía a un gobierno, pero no es así”.
Para os populares, o goberno do BNG está esperando ás próximas eleccións para resolver cuestións como facer o carril bici, arreglar o pavimento das estradas ou dar unha solución ao veciños do barrio da Pega. “Menos insultos, más humildad y póngase a trabajar”, instan desde o grupo municipal.
Elena Sierra di: “Cúando piensan darle una solución a los problemas de la villa? No se preocupen, que aclararemos estos temas en el próximo pleno. Lo que no se puede hacer es mentir sistemáticamente a los vecinos diciendo que desconocemos la situacón, porque nosotros sí que conocemos los barrios de nuestra villa y sí que hablamos con nuestros vecinos de los problemas que hay.”



















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



