Foz, 7 de setembro de 2022. O Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “se trata dun pequeno espazo onde calquera que teña interese poida consultar distintas obras sobre o románico. E este é o lugar perfecto para a súa ubicación, tendo unha xoia do románico como é a Basílica”.
Chema Linares engade que o obxectivo “é ter un fondo bibliográfico sobre o románico en xeral e sobre o de San Martiño en particular. Trataremos de recompilar todo o material que poidamos: libros, tratados, escritos, revistas, etcétera; en definitiva, publicacións varias sobre á temática do románico. Xa se están pedindo fondos á distintos organismos e institucións como a Deputación, Estudios Mindonienses, etcétera, e estamos abertos a todo tipo de doazóns para nutrir os andeis, polo que facemos un chamamento a todos aqueles que queiran contribuír a este fondo para que doen as súas obras no propio centro”.
O edil de Turismo destaca que “dende o inicio do mandato estamos potenciando o centro de interpretación da Basílica de San Martiño con ampliacións de contidos das salas, charlas ou conferencias sobre esta temática ou sobre o Camiño do Mar. Este é un paso máis”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



