O comercio minorista interesado poderá presentar a súa candidatura para optar a estas distincións, dotadas de 1.000€, dende mañá mesmo ata o 15 de novembro. Posteriormente serán os consumidores os que, a través dunha votación vía online, elixirán aos finalistas, entrando así nun sorteo de 200 bonos de 50€ cada un
Lugo, 9 de novembro de 2022. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto ao presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentou este mércores na Sala de Xuntas da Deputación de Lugo unha nova campaña de apoio e promoción do comercio de proximidade, a Gala de Outono do Comercio da Provincia de Lugo.
Pablo Rivera destacou que esta medida súmase ás que veñen poñendo en marcha conxuntamente a institución provincial e a Federación de Comercio “dende hai moito tempo, para incentivar o consumo nun sector cun peso determinante na nosa provincia, en termos económicos e de emprego, pero tamén como dinamizador da vida social”.
Esta colaboración “permanente”, explicou, é froito do compromiso firme” da Deputación para sacar adiante “proxectos que dinamicen a economía e o emprego da man do tecido asociativo vinculado aos sectores produtivos máis importantes da nosa provincia”. “Cremos que así, mediante o diálogo e a cooperación, é como as políticas públicas son máis eficaces e responden mellor ás necesidades plantexadas”, recalcou o Deputado.
Premios ao comercio local
A campaña consiste nun recoñecemento “ao bo facer dos nosos empresarios e empresarias do comercio. Un premio por todo o traballo e o esforzo que levan facendo para afrontar a crise da Covid, para reinventarse, para mellorar a competitividade, para aplicar boas prácticas e para adaptar e modernizar os seus negocios”, explicou Pablo Rivera.
Dende mañá mesmo, 9 de novembro, ata o vindeiro día 15, calquera comercio minorista da provincia pode presentar a súa candidatura e optar a estas distincións, que están dotadas con 1.000€ cada unha e que se entregarán na Gala de Outono do Comercio da Provincia de Lugo, que terá lugar o 15 de decembro. As categorías nas que se poden inscribir os empresarias e empresarios son: Mellor Traxectoria Individual; Continuidade Empresarial; Dixitalización; Comercio Sostible; e Comercio de Barrio.
Sorteo de bonos de 50€ entre os consumidores
Para animar á participación, e amplificar a promoción e visibilidade do comercio local, detallou o Deputado de Promoción Económica e Social, esta campaña implicará directamente aos consumidores, que serán os que elixirán aos finalistas do concurso a través unha votación popular vía on line. Entre as persoas que participen nesta fase, que será do 18 ao 30 de novembro, sortearanse un total de 200 bonos de 50 euros cada un, é dicir, un total de 10.000€.
Tanto as inscricións dos comercios, como as votacións do xurado popular deberán facerse a través da páxina web www.premioscomerciolugo.gal.
Será o 2 de decembro cando un xurado experto, integrado por representantes da Federación de Comercio e da Deputación, fallará os premios en cada categoría e elixirá ao gañador entre os finalistas previamente seleccionados polo xurado popular. Tamén nesta xornada se celebrará o sorteo para repartir os 200 bonos entre as persoas que participen na votación.
O colofón será a Gala de Outono do Comercio de Lugo o 15 de decembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Rivera Capón rematou animando “aos comercios e aos veciños e veciñas da provincia a sumarse e a participar nesta campaña, que oxalá teña un retorno económico moi importante para o sector comercial como, por certo, sempre teñen as iniciativas deste tipo que promovemos conxuntamente a Deputación e a Federación de Comercio, xa que o diálogo e a colaboración cos sectores produtivos é a mellor fórmula para acertar nas políticas públicas”.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



