A Xunta agarda que as aportacións realizadas por Galicia axuden a acadar os mellores resultados posibles de maneira que o recurso prospere
Madrid, 16 de novembro de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, valorou que o Goberno central presentase o recurso contra o veto á pesca de fondo establecido pola Comisión Europea e agradeceu este traballo ao que Galicia trasladou a súa achega co obxectivo de fundamentalo. Non obstante, a titular de Mar defendeu a necesidade de que o Executivo estatal solicite a suspensión temporal desta prohibición pois é unha medida arbitraria e sen base científica que está a ter un importante impacto na actividade da frota, polo que esta suspensión “sería un bo respaldo para o sector”.
Así o sinalou a titular de Mar trala Conferencia Sectorial e Consello Consultivo de Pesca celebrados hoxe en Madrid. Alí Rosa Quintana tamén explicou que, segundo trasladou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, polo momento non é posible coñecer o recurso presentado polo Executivo estatal porque as normas dos tribunais comunitarios o impiden e que nunhas semanas publicarán as liñas xerais de fundamentación. Nese momento, subliñou a titular de Mar, Galicia poderá valorar a liña argumental que seguiu o Goberno central.
Non obstante, os diferentes asesores xurídicos consultados pola Xunta aseguran que existen grandes posibilidades de que prospere e que o Tribunal poida deixar sen efecto este regulamento de execución da Comisión Europea. Nesta liña, o Goberno galego agarda que as aportacións realizadas por Galicia axuden a acadar os mellores resultados posibles de maneira que o recurso prospere.
En canto ao impacto que está a ter o veto á pesca de fondo en Galicia, Rosa Quintana sinalou que no primeiro mes de restricións os datos provisionais reflicten unha caída de arredor do 50% nas descargas da frota e de máis do 20% no caso da facturación. Ademais esta prohibición provoca a saída da frota dunhas zonas de pesca nas que veu traballando durante décadas a outras nas que xa se atopan outros buques, co solapamento de áreas de traballo.
Neste sentido, a conselleira sinalou que Galicia seguirá apoiando ao Executivo estatal neste labor e tamén ao sector galego que recorrerá este veto e que neste caso ten de prazo para facelo ata o 15 de decembro. De feito, Rosa Quintana explicou que a Xunta está traballando para presentarse como coadxuvante do recurso da frota galega.
Na conferencia sectorial de pesca o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e os representantes das comunidades autónomas tamén abordaron as directrices de acuicultura na Unión Europea e a transición enerxética para o sector pesqueiro. Nesta última cuestión, Galicia defende a necesidade de abordar estudos para definir que novo combustible pode ser utilizado pola frota pesqueira e de promover medidas para facer máis atractiva a actividade á xuventude como a construción de buques cunha mellor habitabilidade, máis seguros e adaptados ás esixencias relativas aos novos combustibles.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



