Ribadeo, 7 de novembro de 2022. La coartada, obra da prestixiosa autora estadounidense Christy Hall versionada e dirixida por Bernabé Rico, está de xira por toda España e este sábado, 12 de novembro, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. Os intérpretes son os recoñecidos actores María Castro, Dani Muriel e Miguel Hermoso.
As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).
A galega María Castro comezou a súa carreira artística na emblemática serie da Televisión de Galicia Pratos combinados. Despois trasladouse a Madrid e participou en series tan exitosas como Sin tetas no hay paraiso, en Tele 5 (traballo polo que obtivo o premio Ondas 2009 á mellor actriz), Tierra de Lobos, Vive cantando, Seis hermanas, Ella es tu padre e Amar es para siempre. En cine salientan os seus papeis nas películas Días azules, Combustión e Los muertos van deprisa, esta última rodada en Ribadeo. E entre os seus traballos teatrais destaca a súa actuación en La ratonera, de Ágatha Christie, dirixida por Víctor Conde, papel polo que María Castro foi nominada aos Fotogramas de Plata e TP de Oro como mellor actriz de teatro.
Dani Muriel é moi popular polos seus traballos en televisión desde 1999, cando empezou a facer papeis cómicos no programa Noche de fiesta. Posteriormente participou en series tan exitosas como Escenas de Matrimonio, Gym Tony, Servir y proteger ou Amar es para siempre. En cuanto a su paso por el teatro, cabe destacar os seus traballos no musical Cabaret, en Las Heridas del Viento e en Los miércoles no existen. Polos seus papeis nestas dúas últimas obras foi nominado pola Unión de Actores como mellor actor secundario e como mellor actor de reparto respectivamente. En cine destacan as súas actuacións en El inconveniente, Las heridas del viento e Diamantes negros. Por esta última película foi premiado pola Unión de Actores como mellor actor de reparto.
Miguel Hermoso Arnao comezou a darse a coñecer entre o gran público en 1996 pola súa participación na serie de Tele 5 El súper. Desde entón compaxina teatro, televisión e cine, con especial éxito na tele grazas a series como Raquel busca su sitio, Cuéntame ou, sobre todo, Yo soy Bea, que protagonizou entre 2006 e 2009. Na gran pantalla participou en películas como GAL, La vida en rojo ou Ni pies ni cabeza. Ademais traballou en numerosas obras de teatro, como La vida es sueño, La prueba, Excusas, Ojos bonitos, El gran regreso, Fiel, ¡A saco!, La avería, Don Juan Tenorio, La familia de Pascual Duarte, El padre, Aquiles, el hombre ou La culpa. Entre outros premios logrou o da Unión de Actores en 2002 como mellor secundario na obra La prueba.
A protagonista de La coartada é Ana, “unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao su mellor amigo para prepararse a testificar na que será a declaración máis importante da súa vida. Dela dependerá no só a custodia da súa única filla senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite o enfrontamento descarnado cos seus propios demos revelará ata onde é capaz de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



