Lourenzá, 3 de novembro de 2022. O Concello de Lourenzá traballa estes días para solucionar os problemas no alumeado do campo de herba artificial de Santa Cruz.
A alcaldesa, Rocío López, explica que “o Concello está a traballar na elaboración dun proxecto integral para eliminar os antigos postes situados nos accesos que hai entre os dous campos e poder así utilizar ese espazo dun xeito máis eficiente. O novo alumeado irá situado no lateral das instalacións do novo campo artificial e permitirá solucionar os problemas de deficiencia de luz que hai na actualidade. Con este proxecto damos continuidade á mellora das instalacións do campo de herba artificial, proxecto que foi financiado no seu día grazas a un convenio coa Deputación de Lugo por un importe de 254.000 euros”.
A rexedora municipal engade: “agora daremos traslado do presente proxecto de mellora do alumeado do campo de fútbol á Xunta de Galicia para pedir a súa colaboración a través dalgún convenio para a mellora das instalacións deportivas. Hai un ano conseguimos que a Xunta instalara focos novos no campo de herba natural e agora agardamos que a resposta a esta petición sexa tamén favorable por parte deste organismo. Sacar adiante este proxecto é para nós outra das necesidades que temos neste momento para mellorar as instalacións de Santa Cruz; e agardamos poder logralo, igual que fixemos realidade a construción do campo de herba artificial, tan demandado polos nosos deportistas”.
Rocío López destaca que “esta intervención permitirá favorecer a práctica deportiva dos máis de 250 rapaces das distintas áreas e categorías que temos nas Escolas Deportivas e que utilizan estas instalacións a diario. A maiores tamén se están estudando distintas vías para mellorar o peche perimetral das instalacións de Santa Cruz, de cara a unha maior seguridade do recinto”.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
