A obra da académica e feminista Rosa Cobo repasa as orixes da pornografía co propósito de espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo. Neste libro tamén se trata a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino, ademais de advertir sobre a relación directa existente entre a pornografía e a prostitución. Á presentación de ‘Pornografía. El Placer del Poder’ asistirá o Club de Lectura nunha cita coordinada pola Concellería de Cultura, que contará tamén coa presenza das librarías da vila con exemplares do libro para a súa venda.
![O Observatorio da Mariña pola Igualdade, organiza coa colaboración do Concello de Viveiro a presentación do libro ‘Pornografía. El Placer del Poder’, o xoves 17 de novembro na Sala Multiusos do Concello a partir das 20.30 h](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/11/libro-Viveiro.jpeg)