A xunta xestora contará con “xente con moitas ganas e ilusión por traballar en positivo por Alfoz e que nos permitirá reforzar a agrupación local de cara as municipais”
Sábado, 12 de novembro de 2022. O Partido Popular da Provincia de Lugo continúa a reforzar as agrupacións locais co obxectivo de crear alternativas de cara ás eleccións municipais do 2023. O presidente da xestora, Alberto Souto, destaca que a principal liña de traballo é “a escoita activa cos veciños e coas asociacións para defender os seus intereses”.
Despois de ser nomeado recentemente presidente da xestora, Souto deu a coñecer os nomes que conformarán o seu equipo de traballo: como vicepresidenta, Raquel Rouro, de secretaria contarán con Andrea Fernández, Nerea Pena como tesoureira e como vogais Antonio Ramos, Marco Fernández, Rubén Fraga, José Juan Lorenzo, Jessica García e Iván Fernández, tendo así unha ampla representación do partido de Alfoz.
A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial dos populares, o coordinador xeral José Manuel Balseiro e o secretario xeral Javier Vázquez Nodal, que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes da xestora”.
“Son xente con moitas ganas e ilusión por traballar en positivo por Alfoz. Temos como obxectivo principal escoitar aos nosos veciños para resolver os problemas que hai nas parroquias e o Concello. Entre todos seguro que podemos facer un municipio mellor para todos os veciños”, apunta Souto.


























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



