José Tomé Roca visitou as instalacións que a institución provincial ten en Castro de Rei e o novo carro mesturador, que mellora a eficiencia do centro, así como a alimentación dos animais
Lugo, 25 de novembro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este venres a Granxa Gayoso Castro, onde supervisou unha nova maquinaria adquirida pola institución provincial para o gando vacún do centro provincial. Tomé Roca estivo acompañado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico; e o de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
A institución provincial adquiriu un novo carro mesturador que mellora a eficiencia das instalacións, así como a alimentación dos animais, que é agora máis variada e apetecible, e polo tanto, o seu benestar, saúde e tamén a súa produción. Este contrato de subministro foi adxudicado á empresa Farming Agrícola SAU por un importe de 230.000€.
O equipamento, que xa está en funcionamento para substituír o antigo, permitirá garantir unha calidade óptima da ración que se lle subministra aos animais, logrando unha maior eficiencia e produtividade, e contribuíndo ao seu benestar. O carro mesturador dá servizo a uns 200 animais -100 vacas de leite, 160 rubias e unhas 30 vacas cachenas- e servirá para substituír outra xa obsoleta coa que contaba a instalación provincial.
Centro formativo
A Granxa Gayoso Castro recibe cada curso lectivo a máis de 500 alumnos e alumnas da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior do Campus Terra, das materias de Enfermidades Parasitarias, Cría e Saúde Animal, Nutrición e Alimentación, e Reprodución e Obstetricia, que realizan as súas prácticas cos animais que se atopan nas instalacións provinciais.
Ademais, 55 alumnos do IES Trapero Pardo, de Castro de Rei, do ciclo básico de Agrogandeiría e o medio e superior de Xestión Forestal, realizan prácticas de agrogandeiria e xestión forestal na Granxa Gayoso.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



