Aparte da elección do candidato, na III asemblea de Vía Alfoz tamén se ratificou a actual dirección executiva presidida por Efigenia Maseda
Alfoz, 17 de novembro de 2022. Na III Asemblea Xeral de Via Alfoz, celebrada o pasado día 13, elixiuse por unanimidade a Xabier Pardiñas Suárez como candidato á alcaldía para as vindeiras Eleccións Municipais de 2023. Xabier Pardiñas repite como candidato despois de presentarse en 2015 pola agrupación de electores Veciños Independentes de Alfoz e en 2019, xa con Via Alfoz. Ademais, na lexislatura 2015-2019 exerceu como Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz.
Tras a súa elección Pardiñas Pardiñas agradeceu a confianza dos militantes indicando que “teño claro que a confianza que me acabades de trasladar non é un regalo, nin un premio. Acabades de encomendarme un traballo que asumirei coa máxima responsabilidade e dedicación, e sempre coa humildade e ilusión propias deste partido“. No momento de aceptar o nomeamento Pardiñas expresou o seu compromiso recordando a importancia do traballo de todo o equipo recordando que “temos seis meses por diante para escoitar á xente, para facer o mellor programa de goberno e para conseguir a mellor candidatura posible, para que a veciñanza de Alfoz nos dea a súa confianza”.
Entre as principais decisións da Asemblea, aprobouse que, no Pleno de Constitución da Corporación, despois das eleccións municipais de 2023, Via Alfoz apoiará unicamente ao seu candidato. Así, Via Alfoz estará alí onde o coloquen os votantes, no goberno ou na oposición, pero non apoiará a un candidato doutro partido. Neste sentido, Pardiñas engadiu que “se non conseguimos os apoios ou os votos suficientes para gobernar Via estará na oposición, pero non porque o elixamos nós, senón porque é o que ditou o pobo”.
Ademais, na Asemblea Xeral quedou ratificada a actual Dirección Executiva de Via Alfoz, presidida por Efigenia Maseda Paz, acompañada de Francisco José Fernández Fraga, como Vicepresidente; Jordi Melián Pagés, como Secretario; Xabier Pardiñas Suárez, como Vicesecretario e Voceiro; Pablo José Maseda Rubal, como Tesoureiro e Vogal de Economía; Carmen Dolores Geada Maseda, como Vogal de Acción Social; María Fernanda Casabella Méndez, como Vogal de Participación; Eliseo Lorenzo García, como Vogal de Coñecemento; José Luís Cascudo Cascudo, como Vogal de Territorio; e Daniel Pérez Pardiñas como Vogal de Innovación.
Durante a súa intervención na Asemblea, Efigenia Maseda indicou que “desde VIA Alfoz levamos traballando a prol do Concello, a pesar duns resultados electorais non agardados no ano 2019 pero, tomando como lema o refrán «o que non te mata faite máis forte», seguimos cara adiante poñéndonos como meta maio de 2023 e marcando un calendario de traballo firme e riguroso para non permitir que Alfoz desapareza do mapa, feito que leva cara de acontecer se segue coa mesma parálise.”
Pola súa parte, Eliseo Lorenzo García, tamén interveu falando sobre o traballo do Grupo Municipal de Via Alfoz. Así, indicou que “o goberno debería escoitar e responder as preguntas que nos trasladan os veciños e veciñas de Alfoz, a pesar de que, en algúns casos, se pretendera cribar as nosas preguntas, ou simplemente non se responderan baixo a afirmación do alcalde de que «aquí mando eu», quitándonos a palabra ou impedindo abrir debate nos Plenos”. Neste sentido engadeu que “estamos ante unha maioría absoluta onde o goberno toma as decisións de forma unilateral, sen respectar iniciativas que deberían ser consensuadas” e recordou que “non é doada a tarefa que nos encomendaron os veciños pero en Via non desistimos. Imos seguir traballando, facendo unha oposición construtiva, realizando propostas e levando as preguntas que nos trasladades os veciños e veciñas de Alfoz. Un traballo que facemos por nós e, sobre todo, por vós”.
Tras a Asemblea militantes e simpatizantes participaron nunha comida de irmandade celebrada no Restaurante O Frenazo de Alfoz.



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



