Ribadeo, 3 de decembro de 2022. Dentro das actividades gastronómicas incluídas na programación do oitavo Festival de Jazz e Blues de Ribadeo, hoxe, sábado, o cociñeiro, comunicador e divulgador Lucas Requejo preparou pratos elaborados con alimentos da provincia lucense integrados na plataforma Son de Lugo e ofreceu unha degustación na carpa instalada no parque de San Francisco. Foi dentro da iniciativa denominada Jazztronomía, que terá a súa segunda parte mañá, domingo, ás 12:30 horas, no mesmo lugar, pero nesta ocasión Requejo ofrecerá unha experiencia gastronómica de preparación de bebidas denominada Beberaxes Blues, actividade que é de acceso libre e gratuíto.
No showcooking de hoxe Lucas Requejo dedicou un apartado á faba de Lourenzá, para o que contou coa colaboración do presidente da cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado, quen explicou as características deste produto.
A programación do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo continuará este vindeiro martes, día 6, co concerto de Los Deltonos no auditorio municipal ás 20:00 horas. Los Deltonos é un grupo cántabro formado en 1986 que comezou sendo un trío, con Hendrik Röver como único guitarrista, ademais de baixo e batería. Tras varios cambios na formación só Röver segue no grupo desde a súa fundación. Desde a gravación do disco Sólido son catro os compoñentes, coa incorporación de Macaya como guitarrista. Nos seus comezos consideróuselles un grupo de rhythm and blues pero foron cambiando con cada novo traballo, incorporando sons próximos ao funk, ao power pop, e nos seus últimos discos, sobre todo en GT e Buenos tiempos, sons sureños, con máis presenza de guitarras acústicas ou a steel guitar, pero mantendo sempre un son propio e característico marcado polo estilo persoal e virtuoso á guitarra de Hendrik e as letras en castelán das súas composicións propias.
A seguinte actuación programada será o xoves 8, tamén no auditorio Hernán Naval, ás 20:00 horas. Correrá a cargo dos cubanos Trío Mejunje, que está formado por tres dos músicos máis importantes de Santa Clara: A. Bringez, M. Olivera e Reinier El Negrón. Actualmente residen en España e levan tocando xuntos máis de 15 anos en múltiples proxectos, nacionais e internacionais, pero esta é a primeira vez que se xuntan como trío para levarnos por unha viaxe de cores musicais, enerxía, baile e improvisación, presentando o seu novo disco: Mejunje . Nomeados aos Grammy latinos en varias ocasións, cada un deles é líder nos seus propios proxectos e tocaron nos máis prestixiosos festivais de jazz, tanto nacionais como internacionais: North Sexa Jazz Festival, Montreux Jazz Festival, Jazz in Marciac, Blue Note NY, Blue Note Tokyo, Festival de Jazz de Barcelona, Festival de Jazz de Madrid, Festival de Jazz de Vitoria, Jazz a Vienne, entre outros moitos. En homenaxe á súa cidade natal escolleron o nome dun mítico centro cultural, Mejunje, para identificar a súa arte, que é unha mestura de múltiples cores sonoras, entre jazz, música clásica, afrocubana e caribeña.
O venres 9 ás 20:30 horas no auditorio municipal actuarán os estadounidenses Gisele Jackson & de The Shu Shu´s. Este concerto é o único en España da xira europea na que están actualmente. Cando a moza Gisele Jackson era unha estudante de primeiro ano na Universidade de Howard xa se atopaba sobre os escenarios de Washington DC coa súa primeira banda de soul clásica. Antes de facer de Brooklyn o seu fogar, Gisele realizou unha xira con Ray Charles no apoxeo da súa carreira e a partir de entón tamén acompañou a lendas como a inigualable Donna Summer ou o seu “padriño” James Brown. Na súa carreira xirou por máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África. Actuou en solitario nos principais clubs de jazz de USA; teloneou a artistas da talla de Tito Puente, Bette Midler, The Commodores, B-52 e unha gran cantidade de xigantes da música. Chegou a actuar nas estreas e cerimonias de premios de Hollywood e apareceu na gran pantalla cantando na película First Wives Club. Cantou na toma de presidencia de Bill Clinton e a revista Billboard elevouna á categoría de diva por mor do seu gran éxito mundial: o clásico de baile Love Commandments. Ese mesmo día no Parador de Turismo haberá cea concerto, na que actuará Matabuena Trío, formado pola cantante Mónica Matabuena e os asturianos Marco Martínez á guitarra e Arturo Valero ao contrabaixo.
E o festival rematará o domingo 11 co concerto dos franceses Red Beans & Pepper Sauce. Será no auditorio Hernán Naval ás 20:00 horas. Red Beans & Pepper Sauce fundouse en 2010 ao redor da cantante Jessyka Aké no sur de Francia. A emisión dunha das súas cancións na radio dáos a coñecer en todo o país. Esta banda de blues e soul oriéntase en lendas musicais como Jimi Hendrix e Lenny Kravitz. Teñen cinco albumes, galardóns do Festival de Blues de Cahors e dos premios French Blues Challenge, entre outros, e grandes críticas do seu último álbum nas revistas Rolling Stone Magazine, Blues Magazine , Rock & Folk e Le Parisien.
As entradas para os concertos que se celebran no auditorio municipal Hernán Naval están á venda na web gameroverpro.es.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



