Conde precisa que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2023. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou esta tarde ao comité de empresa de Alcoa de que oito parques eólicos vinculados á planta de San Cibrao obtiveron a declaración de impacto ambiental favorable no prazo establecido polo Goberno.
Conde precisou que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW.
Segundo dixo, tanto Enel como Greenalia teñen agora a opción de estudar con Alcoa a incorporación a estas PPA doutros parques dos que obtiveron a DIA favorable, que suporían 230,5MW máis e que están fóra dos acordos subscritos. Pola súa banda, tamén lembrou que Alcoa ten a posibilidade de asinar novos contratos de subministración con outros promotores que acaban de obter a DIA positiva, cuxos proxectos suman 2000MW adicionais.
Por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Conde apuntou que en total se autorizaron 7 parques eólicos declarados excepcionais pola Administración autonómica. Cinco, vinculados a Alcoa e promovidos por Enel, que se veñen sumar aos aprobados pola Xunta, e dous de Showa Denko, no marco da PPA que ten asinada con Greenalia.
O vicepresidente informou tamén de que tres parques foron arquivados polo Goberno por non dispoñer dos informes favorables da Xunta, entre outros motivos, por estar fóra do Plan sectorial eólico de Galicia. E, no caso do parque eólico Huracán, asegurou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica terá que aclarar por que foi aprobado cando está fóra do devandito plan e non tiña autorizada a excepcionalidade por parte da Administración autonómica.
Conde recalcou que os proxectos eólicos suxeitos a PPA, xunto cun prezo eléctrico competitivo, son a solución que garante o futuro da planta de Alcoa San Cibrao e asegurou que a Xunta de Galicia vai seguir traballando nesa liña. Ao respecto, pediu ao Goberno e a Alcoa que “non se dilaten máis os compromisos” para que se poida reactivar a totalidade da planta en xaneiro de 2024, como estaba previsto, para o cal volveu insistir en que Goberno ten que establecer un marco enerxético favorable.























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



