Este foro de reflexión contará con 30 palestras e 8 mesas redondas, nas que se exporán outras formas de entender e abordar a transición enerxética de Galiza e as alternativas ao actual modelo enerxético depredador
Galiza, 13 de xaneiro de 2023. A Coordinadora Eólica Así Non, formada por máis de 200 colectivos, plataformas e outras entidades galegas críticas co actual modelo eólico, organizan as primeiras xornadas divulgativas e formativas “Temos Alternativa”, que terán lugar os días 4 e 5 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. As xornadas pretenden ser un encontro de toda a sociedade galega no que tecer un modelo enerxético alternativo ao espolio e especulación que rexe o actual modelo das macro-eléctricas, por terra e por mar, en conivencia coas administracións públicas. Este espazo de reflexión colectiva afondará nos principios fundamentais nos que Eólica Así Non asenta a súa proposta alternativa dunha “enerxía xusta e sustentábel, por e para o pobo”, que foron recollidos no Manifesto “Temos Alternativa” feito público o pasado 5 de xuño, polo Día Internacional do Medio Ambiente.
Ademais das accións reivindicativas a pé de rúa que a Coordinadora desenvolveu nos últimos dous anos a prol dunha moratoria eólica, da derrogacións das “leis de depredación”, dun novo Plan Eólico galego, ou dun modelo enerxético xusto e sustentábel, conquerindo manifestacións multitudinarias en todo o país, Eólica Así Non apela agora ao pobo galego a facer fronte á actual ofensiva eólica, participando na creación colectiva da alternativa enerxética baixo parámetros de sustentabilidade e xustiza social. Unha alternativa enerxética que fuxa do oligopolio e da centralización na produción, do espolio e privatización dos recursos, da especulación e destrución do territorio e dos recortes democráticos, para basearse na protección medioambiental, no aforro e a eficiencia, no consumo responsábel, na soberanía enerxética e alimentaria, na participación democrática, no autoconsumo e outras formas de produción distribuída, na xestión pública do recurso ou na preservación da saúde pública.
A Coordinadora Eólica Así Non denuncia unha vez máis a incompetencia dos gobernos galego e estatal para promover unha transición ecolóxica ordenada e democrática, deixando tal responsabilidade en mans de intereses privados e das grandes corporacións multinacionais da enerxía, con consecuentes efectos devastadores e irreversibles para o territorio galego. Por tanto, “outra volta é o pobo galego o que se autoorganiza, forma e informa, para introducir algo de racionalidade ecolóxica e social neste proceso de cambio, para procurármonos un futuro cada vez máis autosuficiente, sostíbel e resiliente fronte o
cambio climático, acolléndonos a modelos enerxéticos que non sexan autodestrutivos, como o actualmente imposto polo lobby enerxético e os gobernos galego e estatal”, afirman.
As xornadas “Temos Alternativa” pretenden ser ademais un foro de formación ou capacitación da veciñanza e comunidades afectadas no uso de ferramentas xurídico-legais fronte a unha invasión eólica que nas últimas semanas se viu acelerada por mor das normativas de simplificación administrativa impulsadas polos gobernos galego e estatal.
O programa do encontro ofrece unha proposta de contidos moi completa para a primeira fin de semana de febreiro, que se concreta en 8 mesas redondas e unhas 30 persoas relatoras recoñecidas no seu ámbito. Entre as persoas intervintes, atoparemos especialistas na análise do sector enerxético e do reto climático, docentes das universidades galegas en materia de economía aplicada, urbanismo, paisaxe e de dereito administrativo, membros de comunidades científicas e de centros de investigación expertos en transición ecolóxica, e voceiras de organizacións ecoloxistas, sindicais, comunidades de montes e das principais plataformas de colectivos afectados en Galiza que traballan na procura dun modelo enerxético alternativo ao imposto. Tamén se incorporan ao programa voces doutros territorios que darán unha perspectiva máis global á problemática, así como científicos recoñecidos no eido da investigación sobre os límites do crecemento.
Inscrición previa e xantar
Para poder participar nas xornadas “Temos Alternativa”, organizadas para a Coordinadora Eólica Así Non para os días 4 e 5 de febreiro, é preciso inscribirse previamente a través dun formulario online destinado a tal fin, ou chamando por teléfono ao 981570099, en horario de mañá.
Todas as charlas e mesas redondas celebraranse no Pazo da Cultura da cidade do Lérez, espazo cedido polo concello de Pontevedra para tal finalidade. As reservas para o xantar no Pazo da Cultura deberán formalizarse tamén a través do formulario de inscrición.
Formulario inscrición: https://forms.gle/e95SFUZfM7zqi1oU7



















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



