O número de socios aumentou hasta os 435 no ano pasado
Burela, 27 de xaneiro de 2023. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro está a elaborar a memoria de actividades realizadas durante o ano 2022. Na memoria de actividades incluiranse tanto aquelas realizadas a pé de rúa e en contacto directo coa sociedade burelá como as recadacións acadadas en distintos eventos e os donativos efectuados, en cumprimento do obxectivo fundacional do colectivo, que é aportación de recursos para axudar á investigación para a prevención, diagnose e tratamento do cancro, e a axuda ás persoas e familias, asociadas ou non, afectadas pola enfermidade.
Unha vez lista a memoria de actividades, a directiva do colectivo convocará unha asamblea de asociados para explicarlles con detenemento o contido da mesma. Entre as actividades realizadas en contacto coa cidadanía, destacan a realizada coa axuda da Fundación ALCOA nos dous ceips da localidade, e os cursiños de pilates e costura, e as actividades que se realizaron no Día de Loita contra o cancro.
INCREMENTO DE ASOCIADOS
Esperanza incrementou o número de asociados en 2022 ata os 435, uns 60 máis ca en 2021, o que para a directiva representa un maior grao de sensibilización e compromisoda veciñanza burelá na loita contra o cancro e todo o que representa. A directiva da entidade quere transmitirlle a toda a súa masa social, pero tamén a toda a sociedade burelesa, o seu fondo agradecemento pola colaboración que están a ter.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



