O voceiro dos populares, Manuel Rouco, pide a creación dunha mesa de seguridade para axilizar unha solución favorable para todos os veciños
Burela, 21 de xaneiro de 2023. O corte da estrada N-642 polo afundimento da calzada está a provocar unha situación moi difícil na comarca de A Mariña, especialmente en Burela e Foz pois esta é a estrada que permite o acceso ao municipio. A estrada N-642, que une os municipios da Mariña lucense, permanece cortada ao tráfico á altura do acceso a Burela desde Foz debido a unha focha producida polas fortes choivas caídas na zona nos últimos días.
Desde o grupo municipal popular ínstaselle ao goberno local a que xestione canto antes co Ministerio unha solución rápida e segura a este problema. O voceiro subliña que a preocupación é importante por ser. “Nós tendemos unha man ao goberno socialista para crear con urxencia unha mesa de seguridade e axilizar a búsqueda dunha solución rápida e favorable para todos os veciños e veciñas de Burela, e tamén da contorna da Mariña, pois non podemos esquecernos de que esta estrada é a principal vía de comunicación que vertebra a nosa comarca”, engade Rouco
Esta liña de traballo e colaboración con todas as administracións é un dos aspectos que caracteriza ao PP de Burela, por iso, Rouco destaca que “o PP de Burela pon en mans do goberno local para todo aquelo que precise ante unha situación tan grave como é o acceso e saída do noso municipio”


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


