A subdelegada supervisa co alcalde os proxectos e investimentos do Goberno no municipio
A Pastoriza, 15 de febreiro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, exemplificou hoxe na Pastoriza o esforzo do Goberno de Pedro Sánchez para dixitalizar os municipios do rural da provincia de Lugo cun investimento de 22,5 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Isabel Rodríguez trasladouse esta mañá ata o Concello da Pastoriza onde o Executivo Central despregará conexión a internet de alta velocidade a 1.362 familias e empresas instaladas no municipio co UNICO-Banda Ancha, o programa posto en marcha polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
“É unha mostra de como están a impactar as políticas do Goberno de España para mellorar a vida dos lucenses, con proxectos reais que dan resposta ás demandas da cidadanía e que van encamiñados a reducir a fenda dixital, un obxectivo prioritario dentro do reto demográfico, porque dotando de novas tecnoloxías aos municipios pequenos aumentamos as posibilidades de desenvolvemento e fortalecemos a cohesión territorial”, destacou a subdelegada durante a reunión esta mañá co alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, na que trataron os programas dispoñibles do Goberno en materia de vivenda, transición ecolóxica, turismo e administración pública.
Isabel Rodríguez informou que o Concello da Pastoriza está presente nas dúas convocatorias de dixitalización do territorio que impulsa o Goberno a través do programa UNICO-Banda Ancha, co que se garante que 488 zonas da localidade dispoñan de conectividade de máis de 300 megas. “Esta iniciativa promove que toda a poboación teña acceso ás telecomunicacións en igualdade de condicións, fundamental para unha provincia como a de Lugo cunha elevada dispersión territorial”, engadiu.
Deste xeito, A Pastoriza está incluída nos proxectos de dotación de internet de alta velocidade que leva a cabo o Ministerio co Plan de Recuperación e que se vehiculan, con dúas convocatorias xa resoltas: a de 2021, que xa está en execución; e a convocatoria do 2022, xa adxudicada. O Goberno financia con este programa ata o 90% dos custos (tecnolóxicos, obras, permisos, etc) nos que incorren as empresas tecnolóxicas para levar Internet de alta velocidade (superior a 300mb) a zonas sen cobertura.
Na provincia de Lugo os fogares e empresas beneficiarios deste proxecto localízanse en `zonas brancas´, aquelas que non contan con cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos. Entre as dúas convocatorias deste plan, o Goberno levará a tecnoloxía de conexión ultrarrápida a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.
“Nesta liña imos seguir traballando, impulsando a transformación dixital dos concellos lucenses e defendendo o acceso a un servizo básico como é Internet para os veciños e veciñas que viven no rural”, sinalou Isabel Rodríguez.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



