O coordinador de deportes do grupo municipal, Tito Suárez destaca o mal estado no que se atopa “o campo de Outeiro na Devesa”
Ribadeo, 6 de febreiro de 2023. O PP de Ribadeo denuncia a falta de traballo e de compromiso por parte do goberno do BNG na conservación das instalacións deportivas. O coordinador de deportes do grupo municipal popular, Tito Suárez explica: “hai uns días quedamos sorprendidos polo estado de abandono do polideportivo municipal da rúa Alfredo Deaño, e hoxe podemos ver a promesa incumprida deste goberno do BNG de arranxar o campo de Outeiro na Devesa”.
Suárez engade: “ Vergoña é a que tiñan que sentir este goberno do BNG ao ver este sen sentido no que se atopa as obras do campo e todo por no ter unha seriedade e compromiso coas entidades deportivas. Da a sensación que o fan a mala fe, prometen unha obra e agora non a van a face, o que demostra unha enquina co FC Ribadeo”. Neste sentido, o coordinador resalta que en plena tempada de competición o equipo necesita dun campo en condicións para poder mellorar as súas aptitudes físicas e técnicas. “Saben que en plena competición necesitan destas instalacións e non fan nada por solucionalo”, di.
Desde o grupo municipal leva reclamándose desde fai moito tempo que se solucione este problema que afecta o FC Ribadeo. Suárez explica que as contestacións por parte do goberno do BNG sempre foron as mesmas “burlas e asegurando que todo estaba ben, menosprezarnos e coaccionar a outras administracións, pero o noso grupo municipal seguirá traballando para o deporte da nosa vila, o cal amosamos cedendo as instalacións da Devesa con vestiario, campo de adestramento e ximnasio. Seguiremos traballando por todas as entidades deportivas”, remata o coordinador.



















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.


