A institución en colaboración co Concello organiza diferentes actividades de celebración, como a actuación do grupo fonsagradino Antaruxas e Sorteiros, a proxección dunha película protagonizada polas persoas usuarias, unha comida especial ou un trivial sobre o municipio
Lugo, 13 de febreiro de 2023. Residentes e traballadores do Centro de Atención a Maiores (CAM) da Fonsagrada celebran este luns o terceiro aniversario desta residencia da Deputación de Lugo. Entre as diferentes actividades organizadas, as persoas usuarias desta dotación social que puxo en marcha a institución provincial en colaboración co Concello desfrutarán da actuación do grupo fonsagradino Antaruxas e Sorteiros, a proxección dunha película protagonizada polos propios residentes, un trivial sobre o municipio ou unha comida especial na que o butelo é a comida protagonista.
Comezaron o día cun xogo de trivial, con preguntas sobre A Fonsagrada, as súas costumes, a música ou a linguaxe; antes de comer proxectouse A nosa película, un audiovisual feito a partir da obra de teatro A Feira do Butelo que se representou o ano pasado e na que participou todo o persoal do centro.
Hoxe hai un menú especial para comer, no que o butelo é o protagonista e onde poden participar os familiares dos residentes. Pola tarde, haberá baile e festa co grupo Antaruxas e Sorteiros.
“Consideramos que é moi importante que as persoas usuarias das nosas residencias estean integradas na actividade do lugar no que viven. Este é un dos grandes valores do noso modelo de residencias, e nesta liña deseñamos o programa do terceiro aniversario da Fonsagrada, como unha continuidade da Feira do Butelo, unha das citas máis importantes do ano e que vén de celebrarse esta fin de semana”, valorou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. Neste sentido, sinalou a importancia de abrir os centros ás visitas dos familiares: “son accións que contribúen ó benestar emocional dos residentes e esa é precisamente unha das nosas prioridades”.
Rede de residencias provincial
A Deputación abriu dende o ano 2019 con José Tomé Roca como Presidente 6 residencias –na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil-, que se suman ás tres que estaban en funcionamento –en Trabada, Ribadeo e Pol-. Polo tanto, conta xa con 9 centros de atención a maiores, que ofrecen en total máis de 300 prazas asistenciais e manteñen uns 230 postos de traballo directos, o 95% deles ocupados por mulleres.
A Deputación conta cun modelo baseado na esencia de que as persoas poidan permanecer no concello ou comarca na que pasaron toda a súa vida, rodeadas de caras coñecidas e residindo con veciños e veciñas. Un feito que mantén o arraigo á súa terra, nun centro público no que reciben unha atención próxima e de calidade.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



