O proxecto pretende encher de vida locais existentes e aspira a incrementar outras actividades e espazos por todo o territorio
Barreiros, 11 de marzo de 2023. O Concello de Barreiros, a través do obradoiro de emprego que está a levar a cabo xunto co Concello de Ribadeo, vai poñer en marcha un novo proxecto de dinamización e promoción da lectura a través da creación ou adaptación de dous espazos públicos nos que a veciñanza poida desfrutar da lectura de forma activa, individual e/ou colectivamente.
O proxecto consistirá en acondicionar dous espazos en locais municipais existentes para dotalos dunha pequena biblioteca e do material necesario para poder levar a cabo actividades e proxectos relacionados coa lectura. Ao mesmo tempo, realizarán unha campaña de doazón de libros entre a veciñanza para promover a reutilización dos mesmos.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que este proxecto “nace do convencemento da necesidade de dotar os locais que existen nas parroquias de vida e de actividades que permitan á veciñanza que vive en cada lugar contar con estruturas nas que socializar e realizar actividades colectivas.” Ana Ermida sinala que “se convirte en realidade unha idea na que levamos traballando desde o inicio do mandato e cuxa posta en marcha se complicou coa pandemia e as limitacións das xuntanzas, pero que por fin vai tomando forma e iniciándose dun xeito moi ilusionante”.
O concelleiro de dinamización, Dani García, agradece ao persoal da especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais do Obradoiro Vilas Coidadoras que traballen neste proxecto que “permitirá achegar a lectura e as actividades relacionadas aos núcleos máis afastados da biblioteca municipal, poñendo así a disposición da veciñanza o acceso á lectura dun xeito máis próximo e cómodo”.
García explicou que nestes días tamén se puxeron en contacto coas asociacións dos distintos lugares da zona interior do concello para darlles traslado do proxecto e contrastar o interese das mesmas por acollelo e colaborar no seu desenvolvemento; xa que “a idea é que sexan as propias asociacións as que, en coordinación co Concello, xestionen despois eses espazos, dotándoos de certa autonomía que permita adaptarse ás necesidades da veciñanza”.
Nesta primeira fase, na que se pretende valorar a acollida do proxecto, habilitaranse dous espazos deste tipo entre os lugares nos que se manifeste interese en contar con eles; atendendo a criterios de idoneidade dos espazos, poboacionais e territoriais.
Porén, tal e como sinala o concelleiro, “esto trátase só do inicio dun proxecto co que pretendemos darlle vida aos locais existentes, poñéndoos en valor e evitando que permanezan pechados e sen actividades ou con actividades moi puntuais”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



