O Centro Social de Monte organizou, coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Xove, un campionato de tute. O Centro Social organízao dende hai anos durante os meses de inverno. Xa rematado, procedeuse á entrega de premios, na que estiveron presentes o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín. O cadro gañador quedou deste xeito: Campións: Xuso e Abelardo. Subcampións: Enrique e Alier. Terceiros: Lorena e José Aparicio.






















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.