A dirección provincial popular deixa claro que se “intentará recuperar o apoio que tivo o PP en Ourol moitos anos” e anuncia unha lista que compaxinará continuidade e renovación
Ourol, 11 de marzo de 2023. O empresario José Hermida Corbelle é de novo o candidato do PP á alcaldía de Ourol. A presentación de Hermida como cabeza de lista levouse a cabo no transcurso dun acto celebrado no Centro Social de Merille, no que participaron representantes da dirección provincial do partido. O aspirante popular a alcaldía, actual portavoz municipal, deixou claro que asume o reto con toda responsabilidade e ilusión e co desexo de pilotar un goberno que saque a Ourol “do estancamento no que o meteu o actual equipo de goberno, do PSOE; é preciso traballar con eficacia para que este concello avance o necesario”.
Hermida lembra que “no seu momento, o PP transformou este concello e o que fixo o goberno local actual foi vivir de rendas e carecer de iniciativas propias”.
O candidato popular di que entre os seus obxectivos está o de mellorar as infraestruturas viarias. Por un lado, “hai que levar a cabo un mantemento de calidade das estradas municipais, porque tal como se está facendo é de moi curta duración e os firmes están sempre cheos de fochancas”. Na mesma liña, apunta a posibilidade de abrir novas pistas forestais, dada a importancia que ten o sector forestal no concello. En canto a outro tipo de infraestruturas, Hermida sinala que “hai que avanzar en levar a traída de auga aos núcleos que aínda non teñen”.
O candidato popular destaca que “hai que dar impulso ao polígono industrial e xestionar facilidades para que se implanten nel empresas”. Indica que a falta de empresas neste recinto é a mellor demostración da incapacidade de xestión do actual goberno municipal.
Entre as iniciativas que apunta Hermida, figura a rehabilitación dos antigos pisos dos mestres, co fin de dedicalas a vivendas sociais.
Hermida, por outra parte, destaca que para facer atractivo o municipio para as visitas turísticas “queda moito por facer”; cre que ten atractivos naturais máis que suficientes para espertar o interese dos turistas.
Por parte da dirección provincial do PP asistiron á presentación do candidato, entre outros, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, así como o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, ademais de alcaldes e portavoces populares en concellos do entorno. Dende a dirección provincial sinálase que o partido “intentará recuperar o apoio que tivo o PP en Ourol moitos anos. Nesta ocasión, a candidatura popular, indican os responsables provinciais, combinará continuidade e renovación.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



