Os socialistas de Ribadeo amosaron hoxe a súa “preocupación”, tras o derrubamento dun falso teito no centro de saúde da vila, pola acumulación de excrementos de pombas
Ribadeo, 3 de marzo de 2023. Os socialistas de Ribadeo amosaron hoxe a súa “preocupación”, tras o derrubamento dun falso teito no centro de saúde de Ribadeo pola acumulación de excrementos de pombas. A Voceira Socialista, Marta Rey dixo que os problemas sanitarios que padece á veciñanza, “van en aumento, xa que esta incidencia no centro xa leva anos sucedendo”.
Ademais lembrou que o Grupo Socialista xa denunciou o desmantelamento sanitario da vila, “non só a nivel de infraestruturas, senón pola falla de facultativos para atender aos usuarios e usuarias”, lamentou.
Nesa liña, Marta Rey aludiu as constantes queixas dos usuarios do PAC e da veciñanza da Comarca, na que se evidenciou que só había un equipo médico na época estival no centro. “Polo tanto, son arredor de 14.000 persoas a carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo”.
Os socialistas inciden que “hai que lembrar que Galicia é a comunidade onde máis baixou o investimento na atención primaria. En Ribadeo podemos comprobar como a xestión do PP queda en evidencia, xa que o PAC do noso Concello é o verdadeiro exemplo do abandono e da desidia do PP en materia sanitaria”.
“Queremos que nese tan anunciado, publicitado e cacarexado novo centro de saúde da vila, conte cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios. Queremos ter unha sanidade pública e de calidade, e non parches e medias verdades”, dixo a voceira socialista.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



