Ribadeo, 8 de marzo, 2023. É un feito que, namentres siga a haber violencia machista, non haberá igualdade efectiva para as mulleres. É un feito que, namentres non se visibilice en todos os eidos o papel desempeñado pola muller traballadora e non melloren as súas condicións laborais, non acadaremos a igualdade plena entre homes e mulleres. Por iso insistimos na necesidade de rematar coa fenda salarial. Desde o mundo do ensino debemos continuar con políticas que erradiquen prexuízos e fomenten a cultura da igualdade efectiva entre homes e mulleres. E as políticas de igualdade deben ser implementadas tanto na práctica médica (contemplando as especificidades da saúde feminina, moitas veces abandonada por prexuízos ou por cuestión de aforro), como no mundo da xustiza.
Pero todas as medidas que se poidan tomar para favorecer a igualdade real entre homes e mulleres deben ser sostidas ao longo de todo o ano, non centrarse nunha celebración máis ou menos protocolaria nun día singular. Debemos comprometernos coa defensa das mulleres desenvolvendo políticas feministas os 365 días do ano. Por suposto que debemos celebrar o 8M e amosarmos con orgullo a nosa actitude reivindicativa e de concienciación, pero cómpre que desenvolvamos ditas reivindicacións e apliquemos as consecuentes políticas feministas aló onde teñamos responsabilidades de goberno. E o BNG de Ribadeo ten demostrado ao longo de todos estes anos a súa capacidade de implementación de medidas políticas e de goberno na defensa das mulleres.
Nesta loita por unha igualdade plena e efectiva, o labor de concienciación, tanto na escola como no día a día, entre xente nova e adultos, é fundamental. Nas persoas de máis idade para superarmos vellos prexuízos dos que ás veces nin nos decatamos. Entre a xente máis nova, para evitarmos que certas dinámicas de uso das redes sociais poidan derivar cara a actitudes machistas que xa considerabamos superadas. Ten que implicar a homes e mulleres, pois o prexuízo machista propio da sociedade patriarcal tanto pode afectar a uns como a outras. Temos que loitar día a día contra ese feixe de micromachismos que poden chegar a aniñar en nós se non prestamos atención ás mensaxes que rezuman esa visión tradicional da sociedade a través da publicidade, o cine, a televisión, a música ou os videoxogos.
Co obxectivo de seguir visibilizando o papel desempeñado polas mulleres ao longo da nosa historia, este ano acordamos chamar a atención dos e das viandantes cada vez que paren ante un paso de peóns para atravesar a rúa: desde a Concellaría de Igualdade pintáronse 38 pasos de peóns homenaxeando mulleres pioneiras que fixeron historia polas súas iniciativas nos seus respectivos ámbitos profesionais. Mulleres como Manuela Barreiro, Luz Pozo Garza e Concepción Arenal; ou Rosalía de Castro, Maruxa Mallo, Ernestina Mansilla Jiménez Amadora Suárez Couto ou Corona González, todas elas romperon cos estereotipos establecidos pola cultura patriarcal abrindo novos espazos para as seguintes xeracións de mulleres.
Pero tamén pensamos nas mulleres de agora, nas novas e nas que xa gozan do seu merecido descanso despois de tantos anos de traballo non sempre recoñecido. Por iso preparamos actividades como o obradoiro de biodanza “Movéndonos cara o bo trato”, a música de Leilía ou a poesía de Olga Novo.
E para renovarmos o compromiso, para xerarmos novos folgos nesta loita continua ao longo de todo o ano, animamos a toda a poboación de Ribadeo e a veciñanza que poida achegarse até a nosa vila o 8 de Marzo, a participar na mobilización que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade así como os colectivos Comisión de igualdade do CIFP Porta da Auga, Comisión de igualdade do IES Dionisio Gamallo, Confederación Intersindical Galega, Meigas Bravas, Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos, Programa de Lecer e Revitalización no Rural do Concello de Ribadeo, Sindicato Labrego Galego e Vacas Fracas.





















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



