Un mozo feriuse nunha man mentres utilizaba unha cortadora de céspede, nunha leira do lugar de Piñeiro. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular, uns minutos despois das 11:30 horas. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia para atender ao ferido. Ademais, tamén acudiron ata o lugar os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do Vicedo.
Accidente cun cortacéspede no Vicedo
Accidente cun cortacéspede no Vicedo
Relacionado
-
Celebrada a xunta de seguridade para a sexta edición do Rally Mariña Lucense que se celebra esta fin de semana
-
Este venres e sábado terá lugar a segunda parte da XIV Ruta de Pinchos do Vicedo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”