Ribadeo, 14 de abril de 2023. A xunta de goberno da Deputación aprobou hoxe o expediente de licitación das obras de reparación da estrada provincial LU-P-5202, entre Ribadeo e O Alto dos Pinos. O investimento ascende a mais de 135.000 euros e o prazo de execución será de dous meses desde a súa adxudicación.
A concelleira de Obras, Mónica Freire, contou que “a xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o expediente de licitación das obras de reparación en dous tramos da estrada provincial LU-P-5202, entre Ribadeo e O Alto dos Pinos. O executivo provincial deu luz verde á contratación das obras, que se licitan cun orzamento de base de 135.096 euros e cun prazo de execución de 2 meses desde a súa adxudicación”.
A edil ribadense e deputada provincial explicou que “os traballos de mellora levaranse a cabo nesta vía de comunicación principal que une as parroquias de Vilaselán e Piñeira e faranse en dous tramos. As obras iniciaranse desde o barrio da Igrexa, en Vilaselán, ata o do Morgullón en Piñeira, cunha lonxitude de 950 metros. E tamén se rehabilitará un importante treito que está desfeito desde o barrio de Río en Piñeira, ata o encontro desta estrada provincial coa N-634 na rotonda do Alto dos Pinos, cunha lonxitude de 1360 metros. En total son uns 2310 metros cun importe de 135.096 euros”.
Freire Rancaño indicou que “o firme pavimentarase con mesturas bituminosas en quente, mellorando substancialmente as condicións de seguridade e comodidade para as persoas. Hoxe publicarase esta licitación na Plataforma de Contratación do Estado, e desde mañá as empresas cualificadas terán 26 días naturais para presentar as súas ofertas”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



